No barrio da Carballeira, o candidato do Partido Galeguista non ten dúbidas: a chamada vía boulevard deberá pasar polo barrio soterrada.
Antonio Troitiño sigue visitando aos barrios da cidade, e este xoves tocoulle a Cabeza de Vaca e A Carballeira.
 
 

Troitiño dí na Carballeira que a vía boulevard debe pasar soterrada polo barrio

 
16 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL

O Partido Galeguista con carácter xeral mantén para o barrio de Cabeza de Vaca a mesma política de actividades e melloras que para outros ámbitos locales, segundo puxo de manifesto o candidato do PG a alcaldía de Ourense, Antonio Troitiño na súa visita a este barrio da cidade. "Recoñecendo a singularidade e rasgos característicos de este fermoso barrio, onde aínda podemos encontrar e disfrutar de campo e agro", dixo Troitiño, o candidato do Partido Galeguista planteaxoulle os veciños a mellora da limpeza, por ser un barrio "bastante deixado polos servicios municipais do concello" dixo, un maior incremento de presencia policial para mellorar a seguridade dos veciños, incrtementar e mellorar as zonas verdes e, así mesmo, mellorar a calidade de vida en xeral de todos os veciños de Cabeza de Vaca.

Na Carballeira

De seguido, o candidato do Partido Galeguista visitou o barrio de A Carballeda, onde dixo "concentramos neste barrio moitos dos obxetivos que se deben alcanzar para a mellora da cidade". "A Carballeira como unha das zonas mais densamente pobladas de Ourense foi duramente castigada polos determinados gobernos municipales -proseguiu Troitiño Lopez-, que mostraron indiferencia e olvido con todolos veciños de esta zona".
Segundo o candidato do Partido Galeguista, "chega con pasear polas distintas zonas do barrio para ver que os impostos pagados polos veciños non revertiron na mellora da sua calidade de vida".

Con carácter xeral no barrio de A Carballeira, o Partido Galeguista plantexa crear aparcamentos para residentes. Segundo Troitiño López, "este é un dos graves problemas que padece Ourense en xeral, os barrios en particular, e A Carballeira en especial. Non hai espacios onde deixar e aparcar os vehículos, esto conleva e produce unha grave sobre saturación de coches na calle, cos consabidos peligros e dificultades de circulación".
En canto a Plaza da Lexión debido as dudas veciñales en canto ás propostas dos diferentes grupos políticos neste tema da Vía Boulevard, o Partido Galeguista mantén que "únicamente pode pasar pola Carballeira de forma soterrada". "Esta é unha inquietude e duda que teñen os veciños que debe ser atendida e aclarada, que a Vía Boulevard pase por debaixo da Plaza da Lexión", engadiu conclinte Antonio Troitiño.
Os plantexamentos para a zona do candidato do Partido Galeguista tamen recollen o desenrolo da alternativa de entrada á rúa Marcelo Macías pola parte posterior. "Alternativa que xa figura recollida no PXOM e que non foi atendida por ningún goberno local", engadiu Troitiño. "Esta é unha cuestión que debe ser atendida de forma imprescindible e inmediata", concluío o candidato do Partido Galeguista.

Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital