O Candidato á alcaldía pólo BNG, Alexandre Sánchez Vidal, anunciou hoxe nun mitin em Mariñamansa que a finca da Deputación será unha zona verde de 17 hectáreas e “non un bloque de cemento tal e como propón o PP”. Ademais, o candidato nacionalista asegurou que nese espazo se construirá unha piscina climatizada cuberta, un centro de día e un centro sociocomunitario.

 
 
O BNG presenta en Mariñamansa o seu proxecto para convertir a Finca da Deputación nunha zona verde de 17 hectareas  
16 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL

“Nós estamos orguiosos do que somos e polo tanto queremos un Ourense diferente. Apostamos por un modelo de cidade propio, que respecte o verde, os parques, os espazos para que poidan xogar os nenos e a xuventude e onde poidan pasear os maiores”, asegurou Alexandre Sánchez Vidal en referencia ao proxecto para converter a finca da Deputación nunha zona verde de 17 hectáreas .
Este proxecto está enmarcado dentro do programa Auria Verde, que pretende que Ourense deixe de ser a cidade de Galicia con menos zonas verdes en trama urbana. A finca estaría conectada co parque forestal de Montealegre a través dun paseo peonil e tamén coa ribeira do Barbaña e coa zona termal das Burgas.

Ademais, Alexandre Sánchez Vidal suliñou que na finca estará localizada tamén a segunda piscina climatizada cuberta da cidade. Por outro lado, tamén se levantará un centro sociocomunitario, unha dotación que constará dun centro de día para maiores con 60 prazas de comedor, enfermería e outras actividades lúdicas, unha biblioteca, unha ludoteca para os cativos e un local de reunión para os mozos.
Sánchez Vidal tamén anunciou que na zona de Mariñamansa construirase un Centro de Saúde e un pavillón deportivo. Por último, nás áreas máis antigas do barrio, o concello investirá nove millóns de euros para que se rehabiliten 300 vivendas e que os maiores poidan ter un ascensor co que facer unha vida máis cómoda. “Non é normal que no século no que estamos haxa xente que non poida saír das súas casas porque non pode subir e baixar as escaleiras”, suliñou Sánchez Vidal.

Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital