O candidato do PSdeG-PSOE de Ourense, Francisco Rodríguez, comprometeuse este martes a aplicar un programa de atención urxente ós maiores e persoas dependentes da cidade de Ourense, que iniciará coa elaboración dun censo, co fin de identificar a tódolos maiores da cidade con problemas de dependencia, ou que sufren de soidade nos seus fogares.
Hai en Ourense unha bolsa de máis de vinte mil persoas maiores de 65 anos, lembrou o candidato do PSOE, para que compre artellar as debidas actuacións, segundo o candidato do PSdeG-PSOE.

 
 

Cuarta medida estrela :
O PSOE artella un programa de atención urxente para os 20.000 maiores que hai na actualidade en Ourense

15 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL
   

A intención de Francisco Rodríguez é crear unha base de datos na que se recolla toda a información básica sobre a situación das persoas maiores con problemas, para facer unha categorización das mesmas e establecer prioridades de actuación, en función da súa idade ou grado de dependencia.
Unha vez fixadas as mesmas, o concello poñerá en marcha programas de intervención que ofertarán, entre outros, servizos de comida a domicilio (catering), lavandería e planchado, incluindo pequenas reparacións nos fogares, todo elo, en colaboración con empresas especializadas e a través de programas de

voluntariado.

Francisco Rodríguez lembra que en Ourense existe unha bolsa de máis de vinte mil persoas maiores de 65 anos, que en calquera momento poden ser susceptibles de precisar algún tipo de atencion ou axuda, polo que dende o concello se artellarán as bases “para estudiar, programar e priorizar as necesidades dos nosos maiores”, explicou o candidato socialista á Alcaldía de Ourense.
O candidato socialista a alcaldía de Orense manifestou que “se este censo o fixese o Partido Popular durante os anos que gobernou o concello, xa estaríamos en condicións óptimas para empezar a aplicar o contemplado na Lei estatal da Dependencia”.
“As únicas políticas sociais prioritarias para o Partido Popular son as baseadas no clientelismo político, pero sen tomar como referencia baremos ou criterios obxectivos, ou as necesidades de asistencia da meirande parte da poboación”, concluiu Francisco Rodríguez.

 
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital