"Un pacto de sangue" é o que propón o candidato do PSOE á a alcaldía de Ourense con todas as asociacións e colectivos de índole social que existen no Concelo, coas que se reuníu este lunes Francisco Rodríguez e a conselleira de Sanidade, María Xosé Rubio.
“Esta labor non pode quedar só en mans do Concello, quero contar con vós”, engadiu o candidato socialista.

 
 
Francisco Rodríguez propón "un pacto de sangue" en materia de políticas sociais  
14 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL

O candidato do PSOE a alcaldía de Ourense e a conselleira de Sanidade, María Xosé Rubio, reuníronse este luns en Ourense con 35 colectivos e máis de cincuenta persoas, para “facer un pacto de sangue con todas estas asociacións, comprometéndome a que as políticas sociais ocuparán un lugar preferente e prioritario no futuro goberno socialista”.
Dentro do modelo participativo do goberno socialista será imprencindible a colaboración de tódolos cidadáns e, en concreto, das asocicacións desta cidade. “Esta labor non pode quedar só en mans do Concello, quero contar con vós”, engadiu Francisco Rodríguez, quen ten previsto reunirse nos primeiros cen días de goberno “ xunto co delegado de sanidade en Ourense, individualmente con cada unha das asociacións co obxectivo de estudiar as vosas necesidades e posibilidades para traballar nelas ”.

Pola súa banda, a conselleira de Sanidade falou das políticas de sanidade que se están a desenvolver dende a Xunta en Ourense, e que se intensificarán co futuro goberno socialsta tan sensible coas políticas sociais. María José Rubio resaltou “o mérito das asociacións pola súa lealtade coas administracións a través da axuda e colaboración que prestan a sociedade”. En referencia a este ámbito a conselleira de Sanidade destacou o Plan de Atención Integral a Muller, co obxectivo de dar resposta a patoloxías que se comportan de xeito diferente nas mulleres; o Plan de Saúde Mental, que está a dotar os centros de persoal e información, así como de prazas en residencias; o de Drogodependencia no que están a traballar e para o que tivo unhas verbas de recoñecemento : “neste ámbito as asociacións foron fundamentais a través da oferta de servicios ós enfermos e ás familias”, explicou María José Rubio.

Ademais a conselleira de Sanidade falou do importante esforzo que está a realizar o goberno galego: “O orzamento da consellería foi 800 millóns de euros superior ós cinco anos anteriores que se están a invertir en recursos humanos, en información e tecnoloxía, entre outros”. Tamén falou da ampliación do Hospital de Ourense; do Plan de Tecnoloxía; da radioteparia que a finais de ano empezará a funcionar no hospital desta cidade; así como do novo servicio de urxencias; e da hemodinámica. María José Rubio incidiu en que para poder desenvolver moitas actuacións como “a creación de centros de saúde, a ampliación do hospital é importante a colaboración co concello que ten que ser sensible e non torpedear a colaboración” .

Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital