Touriño lembrou que desde que gobernan os socialistas, logrouse impulsar o diálogo social e reducir o desemprego a mínimos históricos, creando 33.000 postos de traballo e sendo a comunidade autónoma con maior redución do paro de España. “Cada día dende que gobernamos, 90 persoas encontran traballo” destacou Touriño.
O líder do PSdeG-PSOE asegurou que cos socialistas acabou a Galicia emigrante, “os socialistas traballamos para que a xente nova non teña que deixar a súa terra para traballar e desenvolver o seu proxecto vital”. “Estender o cambio aos concellos significa apostar polo fin da emigración dos mozos” sinalou.
 
 
Touriño dí no Barco que có PSOE acabou a Galicia emigrante, e que Rajoy é "políticamente inútil" para Galicia  
14 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL

O Secretario Xeral dos Socialistas Galegos, Emilio Pérez Touriño asegurou este luns no Barco de Valdeorras que os socialistas queren incorporar aos concellos “á estratexia do pleno emprego”. “O pleno emprego, obxectivo no que traballa a Xunta, ten que ser un obxectivo común do primeiro ao último concello de Galicia”, dixo Emilio Pérez Touriño no mitin no que apoiou ao candidato do PSdeG-PSOE a alcaldía barquense, Alfredo García.
Pérez Touriño comprometeuse a que todos os concellos socialistas porán en marcha Pactos Locais polo Emprego, onde conflúan e se coordinen instrumentos e axentes económicos e impulsarán a creación de Mesas Locais de Formación, en coordinación co resto de axentes sociais e económicos que ofrecen formación, co obxectivo adecuar a formación da cidadanía ás necesidades dos sectores produtivos do seu concello. Touriño destacou ademais que dende a Xunta, os plans rexionais de emprego incorporarán tamén unha dimensión local.

Touriño puxo ao Barco de Valdeorras, cun alcalde socialista, como exemplo dunha comarca que medra, que xera emprego incluso no marco dun dos territorios máis desfavorecidos de España por culpa do clientelismo e a política de favores.
O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE afirmou que cos socialistas medran os concellos mentres co PP só medran uns poucos. “Cos socialistas hai oportunidades para todos, co PP para uns poucos” destacou. “Por iso, nestas eleccións temos que escoller entre políticas de dereitos ou de favores, entre concellos de dereitos ou de dereitas” concluíu.
“Os socialistas cremos na igualdade de oportunidades e bo exemplo diso é que estamos poñendo en marcha desde o Goberno da Xunta un Plan de Reequilibrio Territorial co obxectivo de mellorar as condicións de vida da cidadanía, independentemente do seu lugar de residencia: chegou o fin da Galicia de dúas velocidades” asegurou.

Rajoy, politicamente inútil para Galicia

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Emilio Pérez Touriño respondeu hoxe a Rajoy, de visita por Galicia, asegurando que “ningún galego pode recordar nada positivo para Galicia que fixera Rajoy en toda a súa vida política, nin no goberno nin na oposición”. “Rajoy leva toda a súa vida sendo politicamente inútil para Galicia” asegurou.
Touriño asegurou que “o señor Rajoy demostra, unha vez máis, que o falar non ten cancelas. Diante da súa afirmación de que licitará en cen días todos os tramos do AVE, unha de dúas: ou toma por parvos a todos os galegos, ou confunde a campaña electoral cunha tómbola” advertiu.
“ En 16 anos xa comprobamos todo o que deron de si. E agora din que o que deixaron sen facer vano facer en cen días. Manda truco”, sinalou Touriño. O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE lembrou que a herdanza de Rajoy foron as mentiras do Prestige , a guerra e as peaxes. “Foi o impulsor da Galicia das peaxes, da Galicia das desigualdades, da Galicia de segunda velocidade” sinalou.

O PP resucita o Plan Galicia, engadiu Pérez Touriño, porque non teñen nada que ofrecer aos galegos. A estas alturas todo o mundo sabe que o Plan Galicia era un plan virtual, carta ós Reis Magos ou cartelería propagandística. Un pseudoplan sen presuposto, sen prazos, sen vontade política para levalo a cabo”.
“Fronte á propaganda virtual”, apuntou, “¿que ofreceu o novo Goberno de Galicia? Vóullelo dicir: supresión de peaxes en Rande e Ourense, reconstrución da mal chamada vía rápida do Barbanza, aceleración e prazos concretos para a chegada do AVE ás sete grandes cidades galegas, acordo co Goberno portugués para darlle primacía á conexión Vigo - Oporto, ambicioso Plan de Reequilibrio Territorial, duplicación dos investimentos do Estado na comunidade autónoma…” destacou.
Touriño sinalou que “fronte ás promesas electorais hai un goberno que cumpre potenciando a Educación, cun 20 por cento de incremento en dous anos, máis bolsas de estudos, máis idiomas, máis ordenadores, mellores comedores escolares, acompañantes no transporte dos cativos, mellor formación dos recursos humanos co Plan de I+D+i”

Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital