Segunda das chamadas por eles mesmos, o PSdeG-PSOE, Medidas Estrela para Ourense: o candidato socialista, Francisco Rodríguez, anuncia que promoverá a constitución dun taller de cine o abeiro do Festival de Cine de Ourense, que contará cun comité asesor de auténticos expertos e profesionais de prestixio do audiovisual galego, e que estará integrado nun Patronato de carácter mixto, tanto con presencia público-institucional como privada.

 
 
Segunda das Medidas Estrela do PSOE: crear un taller de cine e profesionalizar o Festival  
13 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL

Francisco Rodríguez pretende integrar e comprometer o Festival de Cine coa cidade e os seus sectores culturais, sociais e económicos, reforzándoo como o gran escaparate do audiovisual galego e un lugar de encontro para os novos realizadores, en coordinación coas facultades galegas de comunicación, que acollen estudios de Comunicación Audiovisual, as escolas de cine e a Televisión de Galicia (TVG), coa que se negociará un convenio para a promoción e difusión do Festival, buscando a súa implicación na coproducción de filmes, segundo manifestou o candidato do PSdeG-PSOE a alcaldía de Ourense.

Igualmente, promoveranse acordos co Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) para a promoción da producción audiovisual do Festival en diversas mostras e feiras, tanto de ámbito nacional como internacional, aparte de buscar o apoio desta entidade como servicio de documentación e difusión audiovisual.
Francisco Rodríguez anuncia que creará tamén no seo do Festival un Cine Clube que programará ciclos de cine con regularidade ao longo do ano, recuperando así a fonda tradición cineclubista da cidade de Ourense. O traballo do Taller de Cine iniciarase a comenzos de ano, co fin de que podan presentarse os seus resultados nas datas de celebración do Festival.
Asemade, Francisco Rodríguez apostará pola especialización do Festival en Cine Independiente, mirando hacia América Latina e o entorno Lusófono e Galaico (Bretaña, Gales, Irlanda).

Con respecto ó teatro, a intención de Paco Rodríguez é homologar os cursos da Escola Municipal de Artes Escénicas, a fin de que conte coa correspondencia validez educativa.

Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital