Unha delegación do Partido da Nova Democracia de Portugal estará este domingo en Ourense para reforzar o Mítin Central do Partido Galeguista nesta cidade, segundo confirmou este sábado a Secretaria Xeral do PG.
 
 

Unha delegación do Partido da Nova Democracia portugués reforzará o mítin central do PG en Ourense este domingo

12 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL
   

Unha delegación do partido portugués do Partido da Nova Democracía (P.N.D .) encabezada polo seu Presidente, Manuel Monteiro , asistirá este domingo en Ourense o acto central do Partido Galeguista nesta cidade, segundo confirmou este mes sábado a Secretaria Xeral do PG.
Trátase do acto central da campaña dos de Antonio Troitiño López, candidato a alcaldía de Ourense nas Municipais do vindeiro día 27 de maio. Xunto a delegación portuguesa estará a plana maior do Partido Galeguista, encabezada polo seus presidente, así como outros candidatos de concellos galegos do PG,como é o caso da candidata a alcaldía de Monforte de Lemos, Lucía Vázquez.

As intervencións centráis do acto correrán a cargo do Presidente do P.G., Xabier González , o Secretario Xeral e candidato a Alcaldía de Vigo, Manoel Soto , a candidata a Alcaldía de Monforte de Lemos, Lucía Vázquez , e Antonio Troitiño na súa doble condición de candidato a Alcaldía de Ourense e anfitrión do acto.   
 
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital