A Trabe de Ouro, 2001, Tomo IV, anoXII, nº48, p69-74.

Numerosos actos celebrando o 70 aniversario da II República, foron moi destacados na prensa de Galicia ao longo do 2001. Este traballo, a medias crónica a medias artigo de investigación, quere facer de testemuña dun deses outros actos caseque non anunciados como o que tivo lugar a finais de Xullo do 2001 en A Gudiña – Ourense. No mesmo, non houbo inauguracións de monumentos nin cámaras de televisión, mais se fixo un sinxelo e sentido a varias persoas da bisbarra que tiveron relevancia política na II República, e que sufriron importantes represalias na Guerra Civil e a posguerra. Homenaxe tardano, pero non por iso falto de emoción nin de actualidade xa que fai ben poucos meses, en Febreiro do 2001, o Partido Popular con maioría absoluta no Congreso dos Deputados, rexeitaba unha proposta , asinada por toda a oposición, para condenar ao fin na Cámara, 65 anos despois, o alzamento golpista de 1936 contra a Segunda República. A Igrexa española tamén puxo o seu vergoñento grao de area, conseguindo en marzo de 2001 a beatificación colectiva de 233 “mártires” da .

A GUDIÑA:
O CONCELLO NA II REPUBLICA E NO GOLPE DE ESTADO DO 1936

A Gudiña, concello situado na bisbarra de As Frieiras, no sureste ourensán, foi unha das últimos zonas en caer baixo a dominación militar rebelde e as partidas falanxistas en Xullo de 1936. É este un feito que foi pouco destacado polos historiadores, e podémolo encadrar dentro da desatención a que foi sometida a provincia de Ourense na historiografía contemporánea galega das dúas últimas .
É difícil reconstruír a historia política do concello gudiñés na II República, posto que unha grande parte da documentación do Arquivo Municipal da época non se conservou, e dende logo semella que o período do Fronte Popular foi especialmente “depurado”. Segundo o traballo de Cabo e Soutelo (2001), houbo maioría do PSOE alomenos no primeiro bienio republicano. Nas Actas do , houbo entre 1931-1936, varios alcaldes que alternaron segundo períodos: José Seoane Rodríguez e Graciano Prieto, os cales supomos eran militantes do PSOE segundo o xa exposto. De Felicísimo Pérez Ortega, alcalde polo Frente Popular, entre Abril e Xullo de 1936, non hai dados definitivos. No coloquio mantido no acto de A Gudiña, algúns históricos socialistas da zona como o antigo alcalde de A Mezquita, Don Sergio García, mantiñan que era o líder local do PSOE da época. Sen embargo, segundo dados que figuran nos , poida ter pertencido a Izquierda Republicana, mas non existe ningún documento oficial de época que o corrobore como mais adiante se comentará.

O DERRADEIRO ALCALDE REPUBLICANO:
UNHA REPRESION DE MAIS DE MEDIO SÉCULO

En Xullo de 1936, Felicísimo Pérez Ortega, alcalde e líder do Frente Popular, xunto con algúns carabineiros e os obreiros do ferrocarril, conseguiu retardar por uns días o triunfo do golpe de Estado de 1936 na zona de As Frieiras. As tropas do capitán Ros xunto cos falanxistas de Verín e Amoeiro, pouco despois se apropiaron de toda a . Iniciouse unha represión da que aínda a día de hoxe comezamos a coñecer detalles gracias á labor de investigadores ourensáns como os que interviñeron no coloquio, amén de outros como , , , , ....
Nesta resistencia tiveron unha grande importancia os “carrilanos”, os obreiros do ferrocarril con nutrida militancia comunista, na CNT e na UGT. Dionisio Pereira e Xerardo Dasairas estudiaron desde fai anos a historia da construcción do ferrocarril de Ourense á Puebla de Sanabria, e todo o aparello sociolaboral e político que levou consigo sociolaboral ó ter a milleiros de traballadores no tendido da vía e na construcción de túneles durante trinta anos. Nos veráns do 2000 e 2001, estes investigadores conxuntamente con outras persoas e institucións, celebraron en Campobecerros-Castrelo dó Val (Ourense) senllos Homenaxes aos “carrilanos”, e mesmo se publicou un folleto .
Familiares de Felicísimo Pérez Ortega, no coloquio mostraron emocionados varias fotos do alcalde republicano, e aportaron dados do seu hispanoamericano, así como referencias a outros avatares sufridos por eles mesmos na posguerra. A depuración e represalias franquistas estarán presentes ata medio século despois. En 1986, e segundo documentación que figura no Arquivo Municipal de , a irmá de Pérez Ortega, a instancias de este, solicita ao Concello que emita un certificado sobre o seu período de mandato municipal a fin de xestionar unha pensión en Argentina. O Concello contesta en Agosto de 1986 que tras revisión exhaustiva do Arquivo, non se atopou ningún dado que avalase que fose alcalde do Frente Popular de A Gudiña nin de que foi perseguido e tivo que exiliarse por motivos políticos, polo que o único que se realiza é un documento de Comparecencia Veciñal que testemuña dita solicitude. En Agosto do 2001, os funcionarios do Concello que atenden o Arquivo lembran aínda este episodio e o celo con que se revisou a documentación da época. A limpeza e depuración de todas as documentacións, actas, presupostos...relativos ao período do Frente Popular, como ocorreu en tantos e tantos lugares a iniciativa do aparello propagandístico da dictadura de Franco foi tremendamente eficaz en A Gudiña.... pero non de todo.
Consérvanse en dito Arquivo Municipal probas documentais coa sinatura do Alcalde-Presidente Felicísimo Pérez Ortega. Foron atopadas de forma casual durante a procura documental para a elaboración destas liñas, e cando para pechar unha mañá “de arquivos”, o investigador dirixiu a súa atención cara carpetas relativas ás Xuntas Locais de Sanidade do Concello, preparando xa outro traballo.
No dia 19 de Abril de 1936, celebrouse unha Xunta Pericial, baixo a presidencia do Alcalde-Presidente Pérez Ortega quen estampa a súa sinatura na acta da . Non hai dados documentais de arquivo sobre a súa militancia política, e tan só existe a aportada pola comparecencia veciñal de 1986, que o adscriben a .
O que si está ben documentado polo historiador Xulio Prada e esperemos sexa publicado algún día, é o proceso de expropiación e espoliación a que foi sometida a familia directa deste alcalde. Importantes monopolios do Estado para a venda de gasolinas, explosivos, etc...xunto coa casa na que vivían (a chamada Casa da Viúva, lugar no que se celebrou o coloquio e que actualmente pertence á Xunta de Galicia e ao Concello) pasaron como substanciosa botín de guerra a mans do exercito e a diferentes familias de comerciantes da zona de Monterrei.

HISTORIAS E AVATARES DOUTROS REPUBLICANOS E ANTIFRANQUISTAS REPRESALIADOS

Ao longo das intervencións e do coloquio, deuse conta de cómo foron represaliadas persoas como Anuncia Casado. Esta muller, natural de San Mamede de Viana, era unha viúva mai de catro fillos, e unha importante activista do Partido Comunista con grande predicamento nos obreiros da vía en A Gudiña. Foi aldraxada, torturada e paseada en carro polas aldeas da zona, e finalmente asasinada polos seus verdugos, uns falanxistas de Verín.
Tamén soubemos dos avatares de xentes socialistas como Cándido Losada “Malvavisco”, natural de Vilavella - A Gudiña. “Malvavisco”, para salvar a súa vida pasará a converterse nun “fuxido”, formando parte da partida do guerrilleiro “O Inca”, ata o seu exilio a Francia en 1952. De alá retornará ó seu lugar natal nos últimos anos da súa vida, sendo entrevistado por no verán de 1998..
Faltou unha referencia expresa a Baltasar Vázquez, mestre dunha aldea de A Mesquita, que se xubila e falece en A Gudiña fai uns poucos anos, e cuio pasado político era descoñecido na bisbarra. Natural dunha aldea de Maceda, chega á zona de As Frieiras nos anos 60, tras moitos anos de desterro e depuración. Este personaxe, foi un dos mais importantes directivos nos anos da II República das revistas ourensás ATEO e Escola do Traballo, ambas vinculadas a posicións moi progresistas e nas que escribían persoas de militancia socialista, galeguista e comunista. Baltasar Vázquez pertencía a estes últimos. Este grupo de editores e colaboradores foi especialmente represaliado e depurado nos días da Guerra Civil e a posguerra, e foi amplamente estudiado por , e . Baltasar Vázquez na zona de A Gudiña, Correchouso, Campobecerros...nos días previos ao inicio da Guerra Civil, mobilizando aos obreiros, enviado por , o líder do Partido Comunista ourensán e veterinario de Maceda.

Outros compañeiros de Baltasar Vázquez, mestres do ATEO como il, sufriron peor sorte nas terras frieirenses.O mestre de Flariz -Monterrei, foi queimado vivo na localidade de Pentes -A Gudiña, xunto con outras persoas nos primeiros días da Guerra Civil. Cid Fernández non nos aporta dados sobre o destino final deste mestre e tampouco non o aclara Dasairas nas súas .
Algúns poden pensar que o incidente non existiu, pero o certo é que a represión foi moito mais rexistrada nos partes oficiais do que ninguén puidese pensar. Xulio Prada, que ha mergullado en moitos arquivos militares, tiña xa fichado ese terrible asasinato a sangue e lume en Pentes, pero lle faltaba unha víctima por identificar: era o mestre de Flariz. Chamábase José Luis Bouzas, era natural de Allariz e á súa vez cuñado do médico ourensán Antonio Fernández Carnicero, un dos líderes do Partido Comunista en Ourense e exiliado a México nos primeiros días da guerra. Estes dados aquí aportados, veñen de testemuñas orais das súas familiares, recollidos durante a elaboración dun sobre a represión aos médicos ourensáns na Guerra Civil.
 
O Dr. Carnicero e a su dona no exilio mexicano, nos anos 40.

As case dúas horas de conferencia e coloquio se completaron con un documental de Xosé Lois Santiago sobre os sucesos do asedio e masacre de Cambedo (Portugal), aldea “arraiana” refuxio de guerrilleiros antifranquistas galegos. O bombardeo de Cambedo en decembro de 1946, foi levado a cabo por forzas coligadas da Falanxe de Verín, a Guardia Civil, a Guardia Nacional Republicana e o exército portugués. Méndez Ferrín xa o ten lembrado nas páxinas de , e tamén no poema “O Cambedo” do seu libro .

SANTORAL LAICO DAS FRIEIRAS: unha proposta.

O Concello de A Gudiña, ata o momento ha aportado á Igrexa católica un santo, San Francisco Blanco (1570-1597), e un beato, o Beato Sebastián de Aparicio (1502-1600).En As Frieiras, nesa terra de santos e beatos , tal vez haxa que ir pensando en establecer un “santoral laico” da bisbarra, composto non por heroes nin santos ao uso, se non por cidadáns demócratas, honestos e consecuentes coas súas ideas de liberdade, igualdade e solidariedade.....por nomes como os de Felicísimo Pérez Ortega, Anuncia Casado, Cándido Losada, Baltasar Vázquez e outros moitos mais que nunca coñeceremos.... Eles e as súas familias merécenno.??


1 Unha prmeira versión reducida do texto, sen acompñamento de notas ao pé nin bibliografía crítica foi publicada no diario "Faro de vigo" (Ourense) con data 18-8-2001