Como chegar
 
Pola A-52 saímos en Xinzo de Limia, só que en dirección a Vilar de Barrio. Cruzamos esta vila hacia Maceda, e logo desviámonos á dereita en dirección a Laza. A un quilómetro está Borrán, onde empeza a viaxe de 12 quilómetros ata A Ermida, río Arnoia arriba.
 
  A zona en detalle
 
Galería de Imágenes
 
 
Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
  O Macizo Central
Espazos Protexidos: REDE NATURA 2000
Espazos Protexidos: RESERVA NATURAL Espazos Protexidos: PARQUE  NATURAL Espazos Protexidos: PARQUE NACIONAL Espazos Protexidos: MONUMENTO NATURAL Espazos Protexidos: HUMEDAL PROTEXIDO Espazos Protexidos: PAISAXE PROTEXIDA Espazos Protexidos: ZEPVN Espazos Protexidos: ZEPVN-LIC Espazos Protexidos: ZEPVN_ZEPA
 
Inventario dos Humedais de Galicia
REGIAC
¡Vive ao Natural!
 
 
Polo Alto Arnoia: A Ermida
MARZO de 2009: OURENSE NATURALMENTE

Situada no val máis amplo de cantos se abren ao Arnoia nas terras altas de Vlar de Barrio, A Ermida é un lugar secularmente entregado polas xentes de Rebordechao ao seu gando. Aseguran as xentes de Rebordechao que neste fermoso lugar só vivirón as vacas, pero foi aquí donde entre finais de 1843 e os primeiros meses de 1844, Romasanta, O Home Lobo de Allariz, se agachou da xustiza.

 
 
Aínda que poida parecer o contrario, A Ermida constitúe un caso insólito na provincia de Ourense: os seus habitantes son as vacas dos paisanos de Rebordechao.
E así foi sempre, aseguran os veciños desta localidade asentada aos mesmos pés da Serra de San Mamede que lle cobre os rigores do Norte nos aquí sempre duros invernos.
Dous quilómetros e medio antes de Rebordechao, pola única estrada que desde a localidade de Prado enlaza con estes dous núcleos, atópase A Ermida.
É un conglomerado de construcións todas elas a base de cachote, que os paisanos fai xa séculos levantaron no val máis amplo que se abre no curso alto do río Limia, nada máis
esborrallarse polas ladeiras do San Mamede, atravesar Rebordechao, e entrar nunha zona máis amable de terreo por onde se van abrindo xa pequenos vales.

De todos eles, o máis amplo de toda a zona alta do Arnoia é o que se sitúa á altura da localidade da Ermida. Rodeado o pobo por dúas correntes de auga, unha das cales aínda recolle as doutros regatos que chegan aquí polas ladeiras da serra, non poucas veces no inverno as canles satúranse e o val asolágase.
A Ermida é un lugar presidido por un silencio amable, que a miúdo rompe o gando que pasta nos extensos prados que poboan este val, e algún que outro vehículo das xentes de Rebordechao pola única estrada que discorre a xusto pegada ao pobo. Iso e, no verán, a febril actividade destas

xentes entregadas ao duro labor de sol de sol das segas e outras tarefas do campo propias da época estival.

A Ermida, refuxio de Romasanta

Aínda que poida parecer o contrario e non poucos porfíen e se resistana crer que sempre foi así, as xentes de Rebordechao aseguran que na Ermida só viviron as vacas. Curiosamente esta xente entregou ás súas reses un dos lugares máis amables e vivibles de toda a zona alta do Arnoia. Unha especie de tributo aos seus animais, aos que antepuxeron o seu propio "modus vivendi".

Pero non é exactamente certo o que aseguran os rebordiegos, porque A Ermida tivo unha vez un inquilino moi especial.

Cando en outubro de 1844 o Xulgado de Primeira Instancia de Ponferrada xulga en rebeldía a Manuel Branco Romasanta, "O Home Lobo de Allariz", O Lobishome, e condénao a dez

anos de "presidio con retención", Branco Romasanta xa se atopaba moi lonxe daquelas terras leonesas que andivera aquelos anos adicado a venta.
Polas súas posteriores declaracións, diría O Home Lobo que a finais de 1843, o máis tardar nos primeiros meses de 1844, xa chegara a estas terras altas do Concello ourensán de Vilar de Barrio.
Perseguido e condenado en rebeldía pola xustiza pola morte dun alguacil de León,

contaba 34 anos cando, xa ben entrado 1844, gañouse ás xentes de Rebordechao polo seu favores, a súa boa disposición para axudar en todo e calquera cousa e a súa condición de home de fé que lle deparou un aprecio especial do cura do lugar.
Non dubidou ata en facer para as mulleres do lugar

traballos tan mal vistos polos homes de entón como cardar a la, o que lle valeu ser tachado de efeminado.
Todo con tal de lograr dal o salto da Ermida a Rebordechao.
Porque ata entón, durante un tempo que o propio Romasanta non foi capaz de concretar nas vistas xudiciais logo seguidas contra el, O Home Lobo permaneceu na Ermida, compartindo espazo cos animais e agachado en calquera destas vivendas, nunha ou en varias, oculto aos ollos dos paisanos durante o día, e aínda durante as noites se calquera eventualidade nalgunha res ou a ameaza dos lobos forzaba ás xentes a gardar o gando.

 



Volver atras
Imprimir Página