Como chegar
 
Desde o Concello de Chandrexa de Queixa. Na cola do Encoro de Santa Cruz arranca o camiño de A Ferrería e A Edreira. Son 10 quilómetros de camiñada fácil e agradable, cas augas do Río de Queixa sempre a man esquerda
 
  A zona en detalle
 
Galería de Imágenes
 
 
Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
  O Macizo Central
Espazos Protexidos: REDE NATURA 2000
Espazos Protexidos: RESERVA NATURAL Espazos Protexidos: PARQUE  NATURAL Espazos Protexidos: PARQUE NACIONAL Espazos Protexidos: MONUMENTO NATURAL Espazos Protexidos: HUMEDAL PROTEXIDO Espazos Protexidos: PAISAXE PROTEXIDA Espazos Protexidos: ZEPVN Espazos Protexidos: ZEPVN-LIC Espazos Protexidos: ZEPVN_ZEPA
 
Inventario dos Humedais de Galicia
REGIAC
¡Vive ao Natural!
 
 
A Edreira, o tobo dos fuxidos
FEBREIRO de 2009: OURENSE NATURALMENTE
Apenas quedan sinais do que un día, non moi afastado, foi A Edreira. Calquera rastro do tobo na que se converteu na postguerra para os fuxidos foi eliminado. O pobo foi queimado e executado o patriarca da única familia que aquí viviu, os Galán. Este lugar recóndito, situado onde nace o río de Queixa que divide este concello e o de Montederramo, segue sendo como un pequeno "oasis" en pleno corazón do Macizo Central Ourensán.
 
A Edreira é un dos paraxes máis agochados do Macizo Central Ourensán. Situado entre as terras de Montederramo e Queixa, entre as duras e pronunciadas paredes das serras que aquí separan as terras dun e doutro concello, A Edreira aparece coma unha especie de "oasis" verde polo que discurren as augas do Río de Queixa.
O río chega aquí xa abastecido polo dos Casas, que recolle as vertentes de polo

A vista de paxaro, A Edreira aparece perfectamente delimitada entre as escarpadas ladeiras de Montederramo e Queixa. Nada máis atravesar esta paraxe, o Río de Queixa sigue formando algúns meandros encaixados

menos media ducia de regatos que xurden polos caborcos da Serra de Queixa.

O vello camiño da Edreira que arranca na Ponte de Santa Cruz, no Concello de Chandrexa de Queixa, é a unica alternativa serea e lóxica de recorrer esta paraxe.
Non hai escapatoria nin perda, en todo momento as pronunciadas e escarpadas paredes das serras, especialmente da de Queixa pola banda esquerda, non deixan dúbida nin ganas siquera de intentalo.
O percorrido é un continuo seguimento do Río de Queixa, ao que no lugar de A Ferrería se suman as augas do Regato de Torneiros que recolle as das concas aínda más pequenas de Montederramo polo lugar de O Teixedo, outro pobo abandonado non moi lonxe da cara Este de O Bidueiral de Montederramo.
Todos estes ríos son a fonte principal do nacemento do Navea pola cola do Encoro de Chandrexa de Queixa, donde arranca precisamente o camiño.

A vexetación neste lugar mistura xestas e carqueixas con bidueiros a pé de río e reboletes que, nalgúns casos, a duras penas xurden por entre as rochas con profusión de esquistos pizarrosos que mandan en toda esta zona.
Canto máis a pé de río, a vexetación vólvese tupida chegando a tapalo por completo.
O lugar de A Edreira sitúase en pleno Macizo Central Ourensán, un espazo da Rede Natura 2000 con proxección de Parque Natural ao igual que A Baixa Limia-Serra do Xurés e Pena Trevinca, e cunha superficie de preto de 47.000 hectáreas.
Sitúase na depresión coa que o Río de Queixa separa as serras de San Mamede e de Queixa, producindo unha considerable fractura no propio Macizo que só se pode salvar nas terras de Laza (Camba) pola misma divisoria de O Invernadeiro.

O tobo dos fuxidos



A pé deste río de discurrir sereno e plácido nestas terras está A Edreira.
Hoxé xa só é unha paraxe. Das casas da última familia que aquí viviu, a de Francisco Galán según consta nos escasos papeis que do suceso quedan,
apenas quedan sinais.
Unha casiña, que algunhos paisanos aseguran que fora a capela da familia, a pé do río e moi preto da ponte que o cruzaba para pasar ao lado de Queixa, é a única construcción que resistiu. A ponte tamén foi destruida, e só queda dela un par de pilares nos que se asentaban as taboas.
Con todo, non pasan desapercibidos os vestixios do que un día foi A Edreira. No lugar aínda resisten parte dos muros da casa daquela última familia que aquí viviu, así como das cortes e, un pouco máis arriba polo lameiro que se abre río arriba, o que semella foi un muíño.
Aínda que sempre o negaron os poucos que foron testemuñas daqueles ano, A Edreira convertérase nos anos 40 que seguiron ao remate da Guerra Civil española, no tobo dos fuxidos.
Ata aquí chegaban con certa impunidade aqueles que se botaran ao monte co estalido da contenda civil, ou ben os que no bando dos
que perderan a contenda agardaban agochados na serra o decurso dos acontecementos.

A situación deste lugar, absolutamente aillado e con unha entrada única sin ser pola serra, alí onde fuxidos e guerrilleiros mandaban e controlaban por entón a perfección, facíaa casi inexpugnable para o Réxime.
Ata que chegou o día no que se decidíu pór fin a situación.
A Garda Civil tomou literalmente A Edreira e desaloxou á familia de Fancisco Galán. Do patriarca nada certo se coñece. Hai quen dí que morreu escarmentado para exemplo de apoios e enlaces de fuxidos e guerrilleiros.
Eso sí, A Edreira foi queimada e das casas e das cortes só quedou o que aínda algo máis de medio século despois se pode ver: os potentes muros do que aquí un día existiu.
Volver atras
Imprimir Página