Home  
 
 
 
 

Helena Veiguela

 
  A Rede conta con 100 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e outros de variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.
 
 
Dúas entidades e trece concellos das provincias de Ourense e Lugo únense á Rede de Dinamización  
29 de ENERO de 2008: OURENSE DIXITAL

A directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela, asinou convenios este luns con entidades e concellos das provincias de Ourense e Lugo. Seis en Ourense e sete en Lugo, será o total dos concellos que colaborarán coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI.

Na Delegación de Innovación e Industria de Ourense, na rúa Curros Enríquez asinouse ás cinco da tarde un convenio de colaboración entre a Consellaría de Innovación e Industria e os concellos de Allariz, Castrelo de Miño, Coles, Maceda, Ourense e Sarreaus para acoller de cara á fase de formación práctica un dinamizador da Sociedade da Información segundo a bolsa convocada pola Orde do 20 de xullo de 2007. Estiveron presentes Helena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, o delegado da Consellaría de Innovación e Industria, Xosé Antón Jardón, e representantes dos concellos implicados.

Así mesmo asinárase ás doce do mediodía no Edificio Administrativo da Xunta situado na Ronda da Muralla de Lugo un convenio das mesmas caraterísticas cos concellos de Ribeira de Piquín, Mondoñedo, Riotorto, Chantada, Ribadeo, Burela e A Pastoriza, ademáis da Fundación CEL Iniciativas por Lugo e a Asociación de Veciños de Cabreiros. Xunto a Helena Veiguela, estiveron presentes o delegado da Consellaría de Innovación e Industria, Ramón Jesús Cortés Máñez, e representantes das entidades asinantes.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital