Home  
 
 
 
 

Domingo Docampo Amoedo

 
  Domingo Docampo agradeceu o nomeamento e comprometeuse a aportar o seu esforzo e experiencia para mellorar a competitividade de Galiza a través das actuacións do Programa IMÁN. Domingo Docampo desenvolverá o labor de director do Programa IMAN dende a Universidade de Vigo, compatibilizándoo coas tarefas docentes, e apoiándose nun equipo humano de dúas persoas máis: un responsable técnico e un técnico administrativo, que terán a súa sé en Santiago de Compostela.
 
 
Domingo Docampo dirixirá o programa IMAN para a captación de intelixencia extratéxica para Galiza
28 de ENERO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, presentou aos medios de comunicación o director do Programa IMÁN, tamén coñecido como Unidade de Captación de Intelixencia Estratéxica
Este programa complementa o de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2006-2010 (IN.CI.TE) e conta cunha dotación de preto de 9 millóns de euros até 2010

Según Fernando Blanco " o Programa IMÁN constitúe un instrumento clave dentro das políticas de recursos humanos e de pulo á I+D+I en Galiza, en tanto que permitirá a captación de científicos de prestixio internacional que executen proxectos estratéxicos para o país"
O obxectivo deste programa é a contratación de investigadores altamente cualificados para liderar proxectos e plans estratéxicos do IN.CI.TE. Para isto, levaranse a cabo contratos de alta dirección para o desenvolvemento de Centros Tecnolóxicos e Centros de Investigación de Excelencia, contratos de valor estratéxico para a posta en marcha e dinamización de accións estratéxicas e contratos de alto nivel para a promoción de proxectos de grande alcance.

 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital