Home  
 
 
 
 

Vista parcial do Finis Terrae

 
  O 'corazón' do FinisTerrae está composto por 142 nodos de 16 núcleos de procesadores Intel Itanium 2, de 128 xigabytes de memoria cada un. Ademais, conta con dous nodos de 128 núcleos cada un, un deles con 384 Gb e o outro con 1.024 xigabytes
 
 
Comenza a fase de probas do supercomputador "Finis Terrae"
21 de XANEIRO de 2007: OURENSE DIXITAL

FinisTerrae é o supercomputador de maior memoria compartida de Europa e segundo do mundo, conta con 19.000 xigabytes. Ocupa un espazo de140 metros cadrados e o seu peso é de 33 toneladas e media. Tamén dispón dunha rede de interconexión de alto rendemento entre nodos Infiniband. O seu funcionamento está baseado en software libre e ten 390.000 xigabytes de almacenaxe máis un petabyte en libraría robotizada de fitas

A data de comenzo da fase de probas deste supercomputador foi o pasado xoves 18 e cóntase con que poida estar a pleno rendemento a finais do mes de marzo. Ao investimento en equipos de máis de 19 millóns de euros, hai que engadirlle un orzamento de outros 20 millóns destinados á construción do novo edificio para o Centro de supercomputación (Cesga), onde será aloxado o ordenador, no 2010, e 20 millóns de euros máis para a incorporación de 145 investigadores de todo o mundo antes do ano 2010.

Según o CESGA, a capacidade de cálculo terá un enorme potencial para aplicacions relacionadas coa climatoloxía, aeronáutica, automoción, física de alta enerxía, nanotecnoloxía, deseño de carburantes, farmacoxenómica, elaboración de novos tecidos, xenómica ou proteómica, entre outras.

O presidente do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), Salustiano Mato, indicou que os expertos das empresas Hewlett-Packard e Intel Corporation -socios privados no proxecto- que visitaron o CESGA antes de se comprometer, alabaron a "fiabilidade do persoal ténico" de ese organismo.
Admitiu que Galicia non é precisamente un líder na alta tecnoloxía da supercomputación, pero considerou que "empeza a haber unha élite de expertos" e engadiu que con este proxecto situarase a un nivel competitivo mundial.

Volver atras
Imprimir Página
 
       
REDACCIÓN de Ourense Dixital