Home  
 
 
 
 

Accesibilidade

 
  A norma UNE 139803:2004 “Aplicacións informáticas para persoas con discapacidade. Requisitos de accesibilidade para contidos na web” fixa unha serie de características que todo portal Web debe cumprir se quere ser accesible, servindo ademais como base para a Certificación de Accesibilidade TIC (Accesibilidade Web) actualmente vixente no Estado español. Esta norma é compatible coas Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do WAI, e até contén un documento xunto no que se presenta a equivalencia entre os puntos da norma española e os de ditas directrices.
 
 
Unha nova lexislación garante a accesibilidade aos portais publicos na rede ás persoas discapacitadas  
18 de FEBRERO de 2008: OURENSE DIXITAL

Durante o pasado 2007 foron aprobadas varias leis importantes de cara a accesibilidade dos portais de Internet que obrigan a que aplicacións web da Administración Pública, bancos, axencias de viaxe, aseguradoras e subministradoras de servizos básicos, entre outras, cumpran cos niveis de prioridade 1 e 2 da Norma UNE 139803:2004 a partir do 31 de decembro de 2008.

A nova lexislación establece tamén outras obrigas, como a de indicar nos portais de Internet o nivel de adecuación, a data da revisión ou un enderezo específico de contacto. Estas leis recollen ademais cuestións tan importantes como a certificación dos portais, as sancións por incumprimento das obrigas de accesibilidade e outros asuntos novidosos, como é o dereito dos discapacitados auditivos e das persoas xordas a que o contido dos portais estea dispoñible na linguaxe de signos, equiparada xa a calquera outra lingua do Estado.

O novo marco legal é o seguinte:

- Real Decreto 1494/2007, de 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as Condicións Básicas para o Acceso das Persoas con Discapacidade ás Tecnoloxías, Produtos e Servizos Relacionados coa Sociedade da Información e Medios de Comunicación Social.

- Lei 11/2007, de 22 de xuño. Acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos.

- Lei 27/2007, de 23 de outubro, polas que se recoñecen as linguas de signos españolas e regulaméntanse os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas.

- Lei 49/2007, de 26 de decembro, pola que se establece o réxime de infraccións e sancións en materia de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade

- Lei 56/2007, de 28 de decembro, de Medidas de Impulso da Sociedade da Información

 


Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital