Estudosos analizarán nunha xornada de traballo a proxección viñateira que tivo o Camiño Miñoto-Ribeiro
 
Unha xornada de traballo este martes, día 18, analizará o que foi o Camiño Xacobeo Miñoto-Ribeiro, ao tempo que divulgará esta ruta. Os estudosos do camiño sinalaron este xoves, ao presentar esta actividade, que este camiño non foi unicamente unha ruta de peregrinación cara a Santiago, senón que ao longo do tempo esta vía tamén foi a que se empregou para facer chegar o viño do Ribeiro a Santiago de Compostela, sinalou Cástor Pérez.
 
 
 
 
 
14 de JUNIO de 2013: RIBEIRO DIXITAL

O salón de actos do Centro Cultural da Deputación acollerá este martes, día 18, a Xornada de Divulgación do Camiño Xacobeo Miñoto-Ribeiro, que foi presentada este xoves. A presentación contou coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o presidente da Asociación Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro, Cástor Pérez, e o asesor de Política Cultural da Deputación de Ourense, César Fernández.

A xornada ten como obxectivo, segundo explicou Rosendo Fernández, "dar a coñecer o traballo de documentación histórica que sobre esta ruta ten feito a asociación do camiño xacobeo miñoto ribeiro. Este colectivo leva traballando dende o ano 2009 a prol da posta en valor e do recoñecemento oficial desta ruta como unha das rutas de peregrinación dos camiños Xacobeos".
Cástor Pérez explicou que o traballo historiográfico e de documentación realizouse "para determinar con exactitude o percorrido que realizaban os peregrinos que facían esta ruta de cara a Santiago". E engadiu que este non foi unicamente unha ruta de peregrinación cara a Santiago, senón que ao longo do tempo esta vía tamén foi a que se empregou para facer chegar o viño do Ribeiro a Santiago de Compostela.
"Atopámonos pois ante un roteiro que aglutina os principais recursos endóxenos da provincia de Ourense, a paisaxe, a historia, o termalismo e o viño", engadiu Cástor Pérez.

O camiño miñoto, ao seu paso pola provincia de Ourense, transcorre polos concellos de Padrenda, Pontedeva, Cortegada, Arnoia, Ribadavia, Beade, Cenlle, Leiro, Boborás e Beariz.
Coa xornada de divulgación preténdese por en valor o traballo levado a cabo pola Asociación Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro para documentar a existencia desta ruta, e tamén, amosar o compromiso da Deputación de Ourense a prol do recoñecemento oficial desta ruta.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 13, MIÉRCOLES
 
La Asociación As Conchas y el Grupo ALBIOTOX dicen tener la "solución definitiva" al bloom de las cianobacterias
Con la empresa abocada a un ERE, el Consejo de Administración de "Adolfo Domínguez" se reparte ...
El Colegio de Médicos rebate a Xerencia: la anterior jefa de Oncoloxía Radioterápica es una excelente profesional
Hernández cifra en 23 millones la inversión de la Xunta en vivienda pública en Ourense en este mandato
Acusan al alcalde de O Carballiño de mentiroso, y dicen que falabarato "se lle queda incluso corto"