Castrelo de Miño vese consolidado como "sede ideal" para organizar eventos e competicións deportivas
 
Un total de 9 eventos noutros tantos, 9, fins de semana. Son as previsións que ten feitas o Concello de Castrelo de Miño para ao su principal motor e dinamizador da iniciativa turística, o Parque Náutico. O alcalde considera que o traballo desenvolvido a prol de dito Parque e o Encoro de Castrelo, así como as estratexias deseñadas, empezan a dar os seus froitos. O Goberno municipal sinala que "Castrelo de Miño consolídase como a sede ideal para a organizar eventos e competicións deportivas".
 
 
 
 
 
3 de MAYO de 2013: RIBEIRO DIXITAL

"Castrelo de Miño consolídase como a sede ideal para organizar eventos e competicións deportivas", sinala o Goberno municipal que dirixe como alcalde o nacionalista Xurxo Rodríguez Méndez.
Explícase agora que, "tras anos de promoción, de dar a coñecer a ubicación e as potencialidades do noso concello, e de realizar melloras nas instalacións do Parque Náutico, o Concello de Castrelo de Miño comeza a recoller os frotios deste intenso traballo".

Materialízanse eses "froitos" en 9 eventos que están programados noutros tantos 9 fins de semana consecutivos, a partires deste pasado 28 de abril no que se acadaron máis de 3.000 barquiñas de papel no acto reivindicativo pero tamén lúdico-festivo a prol dunha educación pública.
Ao tempo que se considera dende o Concello, que a feira de cada último domingo de mes "xa é un evento consolidado ao que asisten máis de 100 postos de comerciantes con todo tipo de produtos".

O Concello de Castrelo fai reconto da actividade prevista para as vindeiras fins de semana, e lembra que este domingo, día 5, terá lugar a Transgalaica 2013, proba de BTT Marathon, a que seguira o vindeiro domingo, día 12, o Aviaman 2013, catalogada como "a mellor proba de triatlón de toda a provincia de Ourense".
A Andaina Solidaria, o 17 de maio; a Copa Ibérica de Remo Olímpico dos días 7, 8 e 9 de xuño; o paso do Rallie de Ourense o día 15 de xuño, e o Campionato de Ciclismo da Península Ibérica 2013, son eventos que para o Goberno municipal de Castrelo de Miño supoñen unha posta en valor das potencialidades deste concello.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Xurxo Rodríguez Méndez, alcalde de Castrelo  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 3, JUEVES
 
El Presupuesto de 2012 del Concello de Ourense "está rematado prácticamente" y se conocerá la próxima semana
Al presentar la Feira da Saúde, Marga Martín anuncia que ninguna asociación se quedará sin subvención en 2012
López Vidal plantea "que sexa a última vez que se escolla ao secretario xeral provincial por delegación"
El PP de O Barco pedirá al Concello que intente por tercera vez la declaración de ARI para el Casco Vello de la villa
Llevar más de 3 cubos de escombro al mes al Punto Limpo de O Barco puede salir por 750 euros de multa