Ana Miranda alerta de que o sector do viño galego ten moito en xogo na reforma da nova PAC europea
 
"A estrutura de pequena propiedade galega merece un trato diferente ao das grandes superficies de viñedo" de cara ao novo marco europeo de axudas, sinalou no Ribeiro a eurodiputada do BNG, Ana Miranda, en relación coa nova política agraria común europea, PAC, recentemente aprobada. Ten aspectos positivos, sinalou Miranda, pero tamén perigosos para o sector do viño galego que, dixo, vai ter moito en xogo. En anteriores reformas, o sector do viño galego só recibiu un 1% dos fondos que a UE achegou a este sector en todo o Estado español.
 
 
 
 
 
29 de ABRIL de 2013: RIBEIRO DIXITAL

En Ribadavia, a eurodiputada do BNG Ana Miranda desenvolveu esta fin de semana unha xornada de traballo, que comezou polo Consello Regulador de Denominación de Orixe Ribeiro, onde deu conta do seu traballo no Grupo de alto nivel do viño do Parlamento Europeo de cara a que a recentemente aprobada política agraria común europea (PAC) recollera a continuidade dos dereitos de plantación ate o 2030, frente á liberalización de prantacións en 2018 que se pretendía levar a cabo dende a Comisión Europea baixo a presión dos grandes grupos multinacionais de bebidas.
Ana Miranda informou doutros aspectos positivos incluídos na PAC para o sector do viño, como as axudas directas á protección medioambiental no cultivo das viñas, ou o incremento de axudas á comercialización e internacionalización do viño.

Con todo, Miranda alertou de aspectos que se atopan sen definir e nos que o sector do viño galego vai ter moito en xogo.
Defendeu que "a estrutura de pequena propiedade galega merece un trato diferente ao das grandes superficies de viñedo" de cara ao novo marco europeo de axudas.
De feito en anteriores reformas da PAC o sector galego do viño recibiu só un 1% dos fondos que a UE achegou ao conxunto do sector do viño no Estado Español, sinalou a eurodiputada do BNG, mentres que as Denominacións de Orixe galegas achegan case un 10% do valor dos viños de calidade no Estado. Polo que anunciou que "imos pedir os informes económicos das axudas que dende Europa se deron ao Estado Español en anteriores PAC", para establecer de cara ao vindeiro período de axudas un esquema "territorializado" que faga posible que o viño galego perciba o apoio que lle corresponde.    

Atendendo as demandas prantexadas dende o sector o BNG vai demandar que a Consellería do Medio Rural abandoe a súa deixadez na información ao sector vitivinícola de todo o relativo á nova PAC, así como a parálise de medidas demandadas coma as concentracións parcelarias voluntarias (como a desenvolvida nas Bouzas de Castrelo de Miño) ou os contratos homologados para a produción de uva.

No transcurso da visita ao Ribeiro, Ana Miranda mantivo tamén un encontro con afectados polas preferentes e as subordinadas das caixagas galegas, no que lles informou do seu traballo na comisión de peticións do Parlamento Europeo. Sinalou que, froito das súas conversas co comisario europeo Joaquín Almunia, a eurodeputada do BNG puido saber que dende o goberno español do PP se viñera informando á Comisión Europea de que os aforradores que subscribiran as participacións preferentes eran "inversionistas", o cal condicionara as cláusulas do rescate bancario negociado entre a UE e o goberno español.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 28, SÁBADO
 
Rodríguez le recuerda a Feijóo que si el urbanismo está en Ourense como está, es por culpa de él y del Partido Popular
El PP ve en el anexo al convenio de 2008 para la elaboración del PXOM, prueba manifiesta de los ...
El BNG de Celanova pedirá en Pleno que se regularice el tráfico en esta villa y que cese la "indefinición"
Los hospitales ourensanos "manteñen seus bos índices asistenciais" en lo que va de 2012, dice Xerencia ...
A telefonía móvil, Internet, as compañías do gas e a banca, líderes nas reclamacións dos ourensáns en 2011