Máis de 300 gaiteiros e cantareiras na III Xuntanza de Bandas de Gaitas do domingo, 4 de maio, en Ribadavia
 
Máis de 300 gaiteiros e cantareiras de 14 agrupacións de toda Galicia estarán o domingo, 4 de maio, en Ribadavia para a III Xuntanza Provincial de Bandas de Gaitas. A xornada inclúe unha homenaxe a Paulino Rodríguez Cuiña, O Gaiteiro de Francelos, e coincide coa de peche da L Feira do Viño do Ribeiro que se celebrará nesta vila na primeira fin de semana do mes de maio.
 
 
 
 
 
24 de ABRIL de 2013: RIBEIRO DIXITAL

Máis de 300 gaiteiros e cantareiras daranse cita na III Xuntanza Provincial de Bandas de Gaitas que organiza e coordina a Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense xunto co Concello de Ribadavia, que terá lugar o este 4 de maio en Ribadavia, na xornada de peche da L Feira do Viño que acolle a capital do Ribeiro no primeiro fin de semana do vindeiro mes.

Esta "cita coa tradición, coa etnografía e coa música do instrumento senlleiro de Galicia", como a cualificou Xosé Lois Foxo, director da Escola Provincial de Gaitas e da Real Banda, xuntará a 14 agrupacións de gaiteiros e cantareiras, o que xunto á homenaxe que se lle tributará ao Gaiteiro de Francelos, Paulino Rodríguez Cuíña, "amosa o pulo que se merecen as nosas tradicións e a nosa música, algo que temos a obriga de protexer, conservar e potenciar", afirmou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, no acto de presentación do evento, que tivo lugar no Pazo Provincial.
No acto participou tamén o asesor de Cultura da Deputación de Ourense, César Fernández, e o concelleiro de Cultura do Concello de Ribadavia, José Prieto.

O programa de actos comezará o día 4 de maio cun desfile das agrupacións participantes na xuntanza ata a Praza Maior, onde terá lugar as actuacións.

As bandas participantes son a de A Tarazana, Flariz-Monterrei, A Carballeira, Preparatorio, Devandoira de Lugo, As Portelas de Lubián a Real Banda Xuvenil e as bandas dos concellos de Riós, Xunqueira de Ambía, Verín, A Gudiña e Vilariño de Conso, xunto coas cantareiras da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 24, MARTES
 
Marga Martín acusa a Xunta dun "claro ataque ás persoas maiores e aos dependentes" en servicios sociais
El PP dice que sólo 3 de las 7 grandes ciudades gallegas aportan más dinero a empresas municipales que el de ...
Los socialistas en la Deputación advierten de que en la UE se "fala de non só fraude, senón tamén de corrupción"
La Deputación de Ourense dice que sin novedad de la OLAF en relación a los proyectos Daredo y Deputrans
El extorsionador de menores que denunció Tuenti y un padre de esta ciudad, fue detenido en Ourense