A D.O. Ribeiro puntúa "sen precedentes"na Guía de Vinos, Bodegas y Aguardientes de Galicia 2013
 
A Denominación de Orixe Ribeiro colócase no punto máis alto do palmarés da Guía de Vinos, Bodegas y Aguardientes de Galicia 2013 cun total de 14 viños con medalla de gran ouro (100-92 puntos), 13 de ouro (91-85 puntos), e 10 de prata (84-80 puntos. É, ademais, a denominación de orixe que acadou as mellores puntuacións absolutas. O autor desta guía, Luis Paadín, destacou que "o que está a acontecer no Ribeiro non ten precedentes, somos testemuñas dun momento histórico".
 
 
 
 
 
14 de DICIEMBRE de 2012: RIBEIRO DIXITAL

Ven de presentarse en Ribadavia a Guía de Vinos, Bodegas y Aguardientes de Galicia 2013, un traballo dirixido por Luís Paadín e que está dedicada exclusivamente aos viños e augardentes de Galicia. A publicación recolle tódalas adegas inscritas nas cinco denominacións de orixe galegas. 
Inclúe nas súas páxinas un total de 475 produtores e máis de 1500 marcas referenciadas.
O panel de cata, composto por expertos coñecedores dos viños galegos, estivo integrado por 30 catadores que participaron na fase de precata.

As marcas mellor valoradas sometéronse a unha segunda cata, neste caso con mostras de mercado ou de diferente lote ao que participaron na precata e ao xuizo dun panel moito máis reducido; cinco integrantes que cumprían dúas premisas: alto grado de coñecemento dos viños da Denominación de Orixe en cuestión e a non existencia dun vínculo directo coas adegas participantes na cata. Das 730 mostras catadas no conxunto das denominacións galegas, 272 viños obtiveron medalla, o que supón ter unha puntuación superior a 80 puntos sobre 100.

Como resultado de todo este proceso a Denominación de Orixe Ribeiro colócase no punto máis alto do palmarés cun total de 14 viños con medalla de gran ouro (100-92 puntos), 13 de ouro (91-85 puntos), e 10 de prata (84-80 puntos. É, ademais, a denominación de orixe que acadou as mellores puntuacións absolutas.
Neste senso, o autor da guía sinalou que "o que está a acontecer no Ribeiro non ten precedentes, somos testemuñas dun momento histórico".
Outro feito destacado polo autor foi que neste salto cara á calidade non participan exclusivamente os pequenos produtores, senón que tamén aparecen nas primeiras filas as grandes adegas, algo que queda reflexado nas medallas de gran ouro concedidas pola guía ás mesmas.
Tamén subliñou as excelententes puntuacións colleitadas polos viños tintos do Ribeiro, as maiores en valor absoluto das cinco denominacións galegas; e indicou que é este outro dos expoñentes do cambio que se está a producir na D.O.

Este proxecto editorial nado en 2003 da man de Gallaecia e Edicións Xerais, viu interrumpida a súa traxectoria e regresa no 2013 gracias á aposta de 180 mecenas, particulares e empresas que mediante a previa compra de exemplares garanten o financiamento da guía.
O presidente do Consello Regulador trasladou a súa felicitación aos promotores do proxecto por ter atopado unha solución singular nun momento de dificultades para o sector editorial.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Luis Paadín  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 14, MIÉRCOLES
 
El PSOE de O Irixo pide un pleno extra y monográfico del Concello relativo a la incineradora
Cae la compra-venta de vivienda en Ourense hasta el triple de lo que ha bajado en el conjunto del país
Un juzgado de lo Social obliga al alcalde de Xinzo a identificar a un funcionario del Concello
A Deputación de Ourense completou a publicación da obra do Mestre Vide con "Zarzuelas"
Grupos de México e Portugal, Extremadura e Asturias no VI Festival Internacional Rebulir