Os viños de O Ribeiro na San Sebastián Gastronomika e no Concurso Oficial Mejor Sumiller de España
 
Con stand propio asiste tamén este ano á San Sebastián Gastronomika o Consello Regulador da D.O. Ribeiro. Os participantes no Concurso Oficial Mejor Sumiller de España terán que catar este año diferentes marcas de la Denominación Ribeiro que acuden a este Congreso.
 
 
 
 
8 de OCTUBRE de 2012: RIBEIRO DIXITAL

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro participa tamén este ano no Congreso San Sebastián Gastronomika, que este ano se celebra dende o 7 ao 10 de outubro.
Nesta ocasión, o Concurso Mejor Sumiller de España celebra a súa final no mesmo ámbito, que se desenvolve no Palacio de congresos e auditorio Kursaal, segundo informa o propio Consello Regulador da D.O. Ribeiro.

O Consello conta cun stand propio no recinto feiral, onde a Denominación de Orixe está representada por unha ampla delegación de marcas de viños, o que trasladará as principais características da D.O. e dos seus viños ao público profesional donostiarra, así como do resto do ámbito nacional e internacional que se achegue á feira.
"Os distintos viños presentados poderán ser catados e comentados por parte público asistente, o que permitirá achegarlles a actual realidade da Denominación de Orixe", sinala o Consello Reulador de esta Denominación de Orixe.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA