A Xunta Electoral de Ribadavia obriga ao alcalde, Marcos Blanco, a retirar un bando por consideralo electoralista
 
A Xunta Electoral de Ribadavia ven de invalidar un bando do Concello asinado polo alcalde, o socialista Marcos Blanco, polo que se informa a veciñanza sobre a repercusión dos custes do canon da auga. A denuncia do PP, a Xunta Electoral considera o bando improcedente e obriga ao alcalde que ordene retiralo. A denuncia partiu do Grupo Municipal do Partido Popular.
 
 
 
 
5 de OCTUBRE de 2012: RIBEIRO DIXITAL

A Xunta Electoral de Ribadavia obriga ao alcalde deste Concello, o socialista Marcos Blanco Jorge, a retirada inmediata dun bando que ven de publicar o rexedor municipal. O Partido Popular denunciou a promulgación deste bando ante dita Xunta Electoral, que ven de darlle a razón aos de César Fernández.

"É lamentable que o alcalde de Ribadavia confunda o seu papel institucional co papel de comisario electoral do seu partido político, parapetándose tras un documento oficial coa única intención de enviar mensaxes electoralistas que o único que perseguen é confundir e manipular, na procura de réditos electorais", sinala agora o voceiro popular, que se estrana de que o alcalde agardara a estas datas para "informar" aos veciños dos prezos do canon da auga que "están en vigor dende o mes de xuño". Algo que é calificado polo popular de "incomprensible".

En todo caso, o voceiro popular lembra ao alcalde e matiza que "o prezo do saneamento da auga non o establece a Xunta de Galicia senón os concellos, que son os titulares da competencia nesta materia".
Deste xeito, sinala César Fernández, "en lugar de escandalizarse pola implantación do novo canon da auga, que supón, no peor dos casos, unha suba no recibo de 1,23 euros ao mes, o Alcalde de Ribadavia debería preocuparse polos outros 10,48 euros que pagan ao mes os veciños de Ribadavia por este servizo".
O voceiro popular sinala que o alcalde esquece, "intencionadamente", que é o responsable do 89,5% do prezo do recibo da auga, polo que "debería preocuparase de que os veciños de Ribadavia reciban un bo servizo".

O portavoz popular anuncia que agora o seu Grupo preguntaralle o alcalde socialista polo custo da publicación de dito bando, quen o asumirá dada a resolución da Xunta Electoral co invalida; por que razón foi distribuído por empregados da empresa concesionaria, AQUALIA, en vez de por empregados municipais; e, neste sentido, si Concello de Ribadavia ou Alcaldía teñen asinado algún contrato específico con esta empresa polo que se encomendan este tipo de tarefas.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Marcos Blanco, alcalde de Ribadavia  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
   
   
 

Por MANUEL DOPAZO