Home  
 
 
 
 

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Ourense pechou o primeiro curso deste mandato municipal cun saldo de 36 mocións presentadas nos plenos celebrados nestes 12 primeiros meses de goberno do bipartido. O que fai unha media de 3 mocións por pleno, e o doble das que foron capaces de presentar PSOE e BNG cando estaban na oposición pero ó longo de toda a lexislatura.
O portavoz do GM do PP, Enrique Novoa, valora especialmente os feitos de que, por unha banda nalgúns casos as propostas do Partido Popular foron ben asumidas polo goberno, ainda que "agora as venden como súas", sinala; e noutros que, aínda que as propostas dos populares non foron aprobadas no seu momento, "sen embargo foron postas en práctica como si foran iniciativa do goberno", caso, sinala, da bonificación fiscal para os vehículos máis ecolóxicos.

 
 
     
Foto : JOSE CERDEIRA 
 
O PP presentou 36 mocións nos plenos do Concello de Ourense celebrados no primeiro curso desta lexislatura
 
11 de AGOSTO de 2008

O grupo municipal do Partido Popular defendeu 36 mocións nos plenos celebrados ao longo do primeiro curso deste mandato municipal. O número duplica ás que presentaron PSOE e BNG estando na oposición nos catro anos do mandato anterior.

 

“Dende a oposición temos claro que se pode defender e axudar a facer cidade”, sinala Enrique Nóvoa quen aproveitou para lembrar que boa parte das iniciativas conseguiron saír adiante e “nalgunhas delas foron tan ben asumidas polo goberno municipal que chegaron a esquecersde de que fora unha proposta do PP e agora as venden como súas, como por exemplo a reivindicación da creación da Confederación Hidrográfica Miño-Sil; outras, que non foron aprobadas, sen embargo foron postas en práctica como si foran iniciativa do goberno, como a bonificación fiscal para os vehículos máis ecolóxicos”.

A continuación, detállanse os enunciados de todas as mocións, que poden ser consultadas na web do grupo municipal www.ppdeourense.com

  • 1º   Moción solicitando a sede en Ourense da Confederación Hidrográfica do Miño, Sil e Limia.
  • 2º   Moción para reclamar do alcalde unha intervención diante de Interior para reducir as colas e largas esperas para obter o DNI electrónico.
  • 3º   Moción solicitando que se reanuden as obras no entorno de San Francisco.
  • 4º   Moción solicitando a bonificación fiscal para os vehículos ecolóxicos.
  • 5º   Moción solicitando a aprobación do Regulamento Orgánico do Consello Económico e Social.
  • 6º   Moción para reclamar que sexa reactivado o novo pliego para a concesión da limpeza e recollida de lixo.
  • 7º   Moción solicitando a construcción dun estacionamento subterráneo no Couto, no entorno da Rúa Dalí.
  • 8º   Moción solicitando que o alcalde reclame da Xunta orzamentos para a construcción de dous centros de Saúde no Couto e A Ponte.
  • 9º   Moción sobre a Lei de Dependencia.
  • 10º  Moción solicitando a reactivación do 010 e a súa adxudicación definitiva.
  • 11º  Moción solicitando da Xunta investimentos para recuperar para usos deportivos o antigo Foso de Saltos anexo á piscina dos Remedios.
  • 12º  Moción solicitando a aprobación da Axenda 21.
  • 13º  Moción solicitando que se poña en marcha en 2008 o parque empresarial de Santa Mariña.
  • 14º  Moción polo que se pide que o Concello reclame de Correos que non elimine servicio de carteiros no perímetro rural da cidade de Ourense.
  • 15º   Moción para que o Concello respalde as reivindicacións veciñais de mante-la tarifa nocturna.
  • 16º   Moción para que haxa un representante de cada grupo municipal no padroado de Expourense.
  • 17º Moción na que se pide un informe exhaustivo sobre o mal olor e sabor da auga e se dea prioridade ao bombeo de auga do Miño cando as condicións hídricas provocan unha peor calidade da auga de Cachamuiña.
  • 18º Moción pola que se pide un control de calidade nas bebidas alcohólicas que se expenden nos establecementos ourensáns e control do cumprimento da idade mínima de venda de alcohol nos locais da cidade.
  • 19º Moción na que se pide unha política de aforro enerxético nas instalacións municipais mediante a instalación de paneis solares térmicos e se habilite unha ordenanza reguladora que promova este tipo de instalacións na cidade.
  • 20º      Moción na que se pide a apertura da Escola Infantil de Barrocás.
  • 21º Moción pola que se pide que o Concello inste as outras administracións para abrir na cidade un xulgado específico de violencia de xénero, e se cree unha sede específica para o xulgado de garda.
  • 22º  Moción pola que se pide que o Concello inste á Xunta que retire o decreto de habitabilidade e sexa presentado como proxecto de Lei para non sustraer o debate político sobre o tema.
  • 23º Moción pola que se solicita da corporación unha declaración diante da Xunta para que o viño teña un estatuto xurídico específico, alleo á futura Lei de Drogas de Galicia.
  • 24º Moción para que o Concello presione ante a Consellería de Sanidade proceda á renovación e remodelación do Centro de Saúde Nóvoa Santos.
  • 25º Moción pola que se pide que o Concello abra o debate sobre novas titulacións para o campus de Ourense da Universidade de Vigo.
  • 26º Moción para que o Concello arbitre unha fórmula que prevea a creación de locais de ensaio para os grupos e colectivos musicais galegos.
  • 27º Moción para reclamar do Concello o apoio a Concentración Internacional de Motos “As Burgas”.
  • 28º Moción para someter de novo a debate a defensa do viño de Galicia, segundo a proposta presentada polo BNG na Deputación.
  • 29º Moción para solicitar dende o concello o estudio dunha segunda unidade para lesionados medulares na área sur de Galicia.
  • 30º Moción na que se pide ao pleno que inste á Xunta a creación do Clúster Galego da Auga.
  • 31º Moción na que se pide a posta en marcha do Banco de Tempo.
  • 32º Moción na que se pide o apoio ao trazado da A76 tendo en conta a variante polas terras de Trives.
  • 33º  Moción na que se reclama que non desaparezan as dependencias do colexio de procuradores dos xulgados de Ourense.
  • 34º Moción urxente sobre o papel do Concello na reivindicación do AVE.
  • 35º Moción pola que se propón que se retome o Carnaval de Verán.
  • 36º Moción na que se pide que se renda homenaxe cunha praza ás vítimas do terrorismo.
  • 37º Moción (recuperada do pleno anterior) na que se reclama unha maior implicación do concello na reivindicación do AVE e no cumprimento dos seus prazos.

 

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital