A imaxinación no Entroido de Xinzo e o sr. concelleiro
 
Por LUIS VELOSO
 
 
 
 
12 de DICIEMBRE de 2011: OURENSE DIXITAL

Nin que decir ten que si por alguna cuestión, neste caso positivísima, se caracteriza o Entroido de Xinzo, esa é a imaxinación. Dende o primeiro domingo de celebración do mesmo, o Fareleiro, ata o último, de Piñata, a imaxinación chega a momentos culmens, como por exemplo no ano pasado a escenificación da muy  esperada boda da famosísima Lola Pelaez e o pantalán do futuro parque náutico do noso rio Limia. Suficintes para catalógalo como o mais imaxinativo de polo menos Galicia.

Pero claro con tanto derroche de imaxinación, gastado o ano pasado, non é de extrañar que pouco quedara para a edición deste ano. Está claro que a crisis tamen afecta directamente as neuronas, polo menos a do concelleiro de Cultura, Carlos Gómez.

Digo esto porque esta mesma seman convocou a toda a prensa, xunto coa “portavoz” (Montse Lama), para “sorprendernos” con toda unha medida para recaudar cartos entre os establecementos hosteleiros da vila e os vecinos.
Estimado sr. concelleiro, como vostede ben dice a aqueles que o critican tamén os de Verin poñen coores.  Pois eso, sr concelleiro, non está penado o copiar, pero cando un copia unha idea ten que ser unha boa idea e tratar de mellorala. Polo menos xa recoñece que de orixinal nada de nada.

Pero o problema non é que non sea orixinal. O problema é que coa medida das cartas de Poker, o único que está a facer é enfrentar a toda a hostelería de Xinzo.
Si escoitara a seman pasada o recen escollido senador do seu partido por ourense e Pte. de Cáritas, escoitaría decír que  necesitaban moita colaboración pero non despreciaba ata as de 5 euros. Como él ben decía cada un da o que pode, e non por dar pouco debe ser tachado de tacaño. Casi me atrevo a decir que, polo xeral, son mais tacaños aqueles que mais teñen, que por eso o teñen, por non gastalo.

Haberá establecementos que poidan ou deban colaborar cunha cantidade grande e que den un poker podendo colaborar cun REPOKER, e outros que están na periferia que tendo unha soa carta da baralla fagan un esforzo moito maior que o outro que con 200 euros “quedan como dios”. E con soio eses abrindo 120 horas seguidas durante todo o carnaval fan o 80% dos ingresos de todo o ano.
Dende logo as veces é millor non copiar e votarlle mais imaxinación, posto que desto no Entroido de Xinzo hai dabondo.

Tamén os hosteleiros fanse  a seguinte pregunta: ¿Pensa vostede que os visitantes e os propios veciños van facer mais consumición nos bares que teñan mais cartas que nos outros?. Todos opinan que non. O que si opinan e que con eso o único que fai é “encabronar” mais a aqueles que colaboran co que poden e non a aqueles que só o fan por quedar ben.

Dende logo a indignación xa está na rúa, ainda que queda moito tempo para o Entroido e ainda pode chegar a imaxinación. 

dendealimia@veloso.es  

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Carlos Gómez, primeiro pola esquerda, xunto ao alcalde de Baltar, José Antonio Feijóo