Aguafiestas
 
Por ILDUARA DE GUTERRI
 
 
 
 
12 de DECEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O meu veciño Benito, cando veu do Hospital, contoume que o que peor levara fora cando o meteran nunha bañeira e o deixaran unhos minutos en remollo. Cando o secaron ca toalla a metade da enfermidade quedáralle curada. A auga e o metabolismo dos moradores do interior da Gallaecia son en moitos casos incompatibles O corpo non lla pide nin por dentro ni por fóra.

O Alcalde de Celanova e o de Xinzo de Limia, como bos coñecedores da idiosincrasia dos seus vasallos, non queren alterar nin por de mal humor os corpos sen ansia de moitos dos seus censados.

¿A que ven construir unha piscina climatizada na vila rudesinda?.... cando os Reis Católicos, moitos anos despois do nacemento de San Rosendo, cheiraban a auga cando os sorprendía unha treboada nas súas sillas de montar (que eran o verdadeiro trono de España). Sería atentar contra o empeño privatizador que padecerá o convento… perdería a vila o  seu encanto.

Que se bañen os turistas… que den un par de largos nunha piscina… que teñan algunha actividade de lecer… fóra de contemplar as cagadas das pombas no Claustro Barroco, sería un turismo descafeinado.

O que os nenos, os xóvenes, e os maiores teñan a posibilidade de practicar un dos deportes máis completos como é a natación , iría en contra do gasto sanitario. O de manter un corpo san e vigoroso ( como preventivo das enfermidades sobre todo as óseas , as musculares e as cardíacas) é un conto chino; nesta Celanova na que os monxes bieitos  falaban cos fieis en latín.

Nas terras da Limia , asolagadas de auga fai unhos anos (os seus moradores algo máis familiarizados ca auga) ocorre un pouco do mesmo. Priorízase o metro cadrado de rúa (casi 3.000 € m2 na Rúa do Toural) en detrimento do ximnasio da piscina que leva varios meses cunhos cantos atarecos e sen perspectiva de ser renovados e ampliados.

O Tony Pérez no pasado  mes de febreiro xuntábase , todo cheo de razón , co Presidente de Portos de Galicia para acometer unha inversión dunhos 200.000 € nun parque náutico. ¡¡¡ Válgame Deus!!! Se mantivese o que ten… Seguro que as ribeiras do Limia serán con aceras e a empresa executora a que fixo os primeiros ensaios no Toural .

O meu veciño Benito tamén me dixo , que a auga cando a hai que bendecir é que no é cousa boa. Polo tanto a piscina unha tontería, xa non é o primeiro que se afoga; a ximnasia e matar o corpo sen producir ningún proveito El está dacordo cos dous Antonios ( co dos catro mercados, e co das dúas feiras ) Pero a min picoume a curiosidade e, como a conversa era acuática, atrevinme a preguntarlle:

- Benito…..¿ e cando mexan en ti, ti que fas?
E o Benito guichando por debaixo da bisera … contestoume:
- Decir que  chove.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Antonio Mouriño, alcalde de Celananova  
   
  Antonio Pérez, alcalde de Xinzo  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google