Os pardaos e os pardillos
 
Por HIDACIO DA LIMIA
 
 
 
25 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

Supoño que non todo o mundo sabe o dos “pardaos”, posto que ademais de ser unhos páxaros que abundan na nosa terra, tamen é unha páxina, blog ou como se queira chamar, na que un grupo de afeccionados a política municipal adicanse cada semana a darlle o pobre O Chavelleiro a esgalla.
Tamén quixera hoxe parafrasear oao colega que fai os seus artículos “dende a Limia" noutro Xornal, no que tamen falando do Chavelleiro, comentou que sería un bo xogador de poker. Pois como digo, pedindo permiso, vou tamen a tratar de demostrar que non soio estou de acordo con él, senón que hai outr@s que tamen lle pegan ben a este xogo. Refirome neste momento a candidata independente Teresa, para os amigos, e con permiso, Teresa a do INEM.

Penso que unha vez que se souberon as listas, a día de hoxe quedou claro que Teresa tamen se adicou perante todo este tempo a xogar unha partida de poker cos da outra lista independente, a APGa. Todo eran rumores e dimes e diretes sobre en que número iría a susodita. Ningúen sabía nada excepto os protagonistas da partida.
De boas fontes, o sábado as 12 da mañán a lista dos APGa estaba pechada levando nela a Teresa. O sábado pola tarde as cousas cambiaron. Todos confiados, eso sí, en que ao final tanto Teresa como os seus  chegarían a acordo.
O resultado final non foi ese, e entón ahí vai o meu análisis.

Todos os partidos tiveron grandes problemas na confección das suas listas, uns por poucos e outros por moitos aos que colocar, e o que eu non me creo é que dende o sábado a tarde ata o luns pola mañán os independentes de Teresa  estiveran  facendo as duas listas, a de Xinzo e a de Porqueira. É decir, non só nunha senón traballando en dúas.
Outra das miñas preguntas é ¿quen sae mais beneficiado coa presentación desta outra lista?. Pois está claro, O Chavelleiro. Tan claro que, ao repartir os votos, a lista mais votada e a mais beneficiada. Penso entón que nesta partida tamén estaba xogando O Chavi e, como decía o colega, outra partida gañada.

Din os profesionais do poker que os que se sentan a unha mesa para xogar unha partida pasan a primeira media hora estudiándose uns os outros e buscando cal e o “pardillo” da partida, pois, segundo eles, sempre hai un. Si o cabo da media hora non o encontras, entonces a conclusión que tes que tomar é que o pardillo eres ti.
Si seguimos por este camiño podemos concluir que nesta partida había uns pardillos, e estes eran nin mais nin menos que os membros de APGa.
Xa sabedes, destas experiencias sempre se aprende e a próxima será o día 22. Así que noraboa a Antonio Perez, O Chavelleiro, e para ti, Teresa, o calificativo ímolo deixar  até o  día 22, cando nos enteremos de cal é a recompensa.

hidaciodalimia@hotmail.es

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google