Xa se poden solicitar as axudas da Deputación de Ourense a universitarios, deportistas e técnicos. A propia institución provincial informa de que o Boletín Oficial da Provincia fixo público os pasados días 15 e 16 de outubro estas axudas que a Deputación pon en marcha coa finalidade de apoiar, por unha banda, a formación dos titulados, e por outra, mellorar a formación e rendemento dos deportistas ourensáns, así como o traballo investigador e formativo dos técnicos deportivos. A Deputación provincial achega para todos estes conceptos un total de 245.000 euros.
 
 
Xa se poden solicitar as axudas da Deputación a universitarios, deportistas e técnicos
20 de OCTUBRE de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A Deputación de Ourense informa de que xa se poden solicitar as axudas que a institución provincial concenda a universitarios, deportistas e ténicos, e que contan con nha dotación total de 245.000 euros. Entre estas están as axudas aos universitarios que se enmarca dentro do programa europeo Leonardo da Vinci.
Con respecto a estas bolsas internacionais, sinala da Deputación que a institución provincial ofrece aos universitarios de Ourense apoio en actividades de formación e cualificación profesional en empresas da Unión Europea. As devandita bolsas enmárcanse no marco do programa europea Leonardo da Vinci 2009, e supoñen unha axuda para a formación dos universitarios, sendo un instrumento que contribúe á realización efectiva do principio de igualdade de oportunidades.

As prácticas desenvolveranse preferentemente en empresas de Alemaña, Austria, Francia, Italia, Polonia, reino Unido, República Checa e Portugal. Será competencia da Deputación de Ourense a adxudicación dos destinos.
Os requisitos que deben cumprir os beneficiarios son: estar en posesión de titulación universitaria de primeiro ou segundo ciclo; que dita titulación se obtivese nos cinco anos inmediatamente anteriores á data de convocatoria deste concurso; posuír coñecemento con nivel suficiente dalgunha das linguas dos países de destino; ter coñecementos de informática e non ter sido beneficiario dunha bolsa do programa Leonardo convocada pola Deputación de Ourense.

Os gastos que cubre a bolsa son os desprazamentos de ida e volta, preferentemente en avión, as prácticas laborais nunha empresa seleccionada en atención ao perfil profesional do beneficiario, a titoría das prácticas laborais, un curso de inmersión lingüística, seguro e unha dotación mensual que consistirá no aboamento da axuda para custos de aloxamento e manutención.

Subvencións a deportistas e técnicos deportivos

No que atinxe ao deporte, o nº 238 do BOP recolle as bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a concesión de subvencións a deportistas cualificados e técnicos deportivos para o ano 2009. O importe total destinado para estas subvencións ascende a 47.500 euros, e no caso dos deportistas a contía máxima para cada beneficiario será de 3.000 euros, mentres que para os técnicos deportivos a subvención será de 1.500 euros para cada beneficiario.

O obxectivo destas achegas é mellorar a formación e rendemento dos deportistas cualificados, sendo requisito para optar ás subvencións estar en posesión da ficha federativa dalgún clube da provincia de Ourense, exclusivamente en modalidades deportivas individuais, durante a tempada 2008-2009.
Tamén poderán ser beneficiarios aqueles deportistas vinculados ao deporte ourensán que, anque non existe clube da súa federación en Ourense, presenten licenza federativa do clube ao que pertencen, así como aqueles deportistas que, aínda que non posúan licenza por clube ourensán, se considera que pola súa especial xuventude e progresión son merecedores dalgunha axuda.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página