O responsable da secretaría xeral de Política Lingüistica da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, realizou este martes a súa primeira visita institucional á Deputación de Ourense, onde se reuniu co seu presidente. Lorenzo e Baltar Pumar expresaron o seu interese en desenvolver proximamente actividades conxuntas para dinamizar a lingua galega, actividades que incidirán na promoción do uso da nosa lingua.
 
 
Lorenzo e Baltar tantean a posibilidade de colaborar na promoción do emprego do Galego
7 de OCTUBRE de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, realizou este martes a súa primeira visita institucional á Deputación de Ourense, onde foi recibido polo seu presidente, José Luis Baltar. Durante a reunión que mantiveron durante a mañá deste martes, Lorenzo e Baltar expresaron o seu interese na posibilidade de establecer unha colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación de Ourense para desenvolver conxuntamente iniciativas que incidan na promoción do uso da lingua galega.
Outros dos temas que abordaron durante o seu encontro foi a futura rede de dinamización lingüística local. O responsable da secretaría xeral informou a Baltar sobre o proxecto de creación da rede de dinamización lingüística local que está a desenvolver Política Lingüística.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística está a desenvolver medidas para aumentar a efectividade das actuacións dinamizadoras desde o ámbito local. Con este obxectivo, a secretaría xeral está a traballar para poñer en marcha a Rede de dinamización lingüística local.
A través desta rede, o departamento que dirixe Anxo Lorenzo pretende consolidar a colaboración e a acción conxunta e coordinada da secretaría xeral e das entidades locais integradas na mesma, que permita o intercambio de experiencias e a suma de esforzos na promoción do uso da lingua galega.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página