O Secretario xeral de inmigración visita Venezuela co gallo da entrega das medallas da Hermandad gallega
 
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, realiza desde hoxe unha nova viaxe a Venezuela onde participará no acto de entrega de certificación da Medalla de Honra da Emigración, na súa categoría de ouro, á Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas, así mesmo no acto, realizarase asemade a entrega de similar galardón, na categoría de prata, a catro senlleiras personalidades da diáspora
 
 
 
 
 
 
3 de OUTUBRO de 2014: OURENSE DIXITAL

O evento, que terá lugar na sede da propia Hermandad, estará presidido polo director xeral de Migracións do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, Aurelio Miras, Tamén estarán presentes distintas personalidades coma o embaixador de España en Venezuela, Antonio Pérez-Hernández; o cónsul xeral, Paulino González; e mailo conselleiro de Emprego e Seguridade Social da legación española, Juan Santana.

Trala entrega da certificación á Hermandad, asinarase unha adenda ao convenio de colaboración entre a institución que dirixe e maila Fundación España Salud, entidade prestataria de servizos socio sanitarios, para reforzar a asistencia da poboación galega residente en Venezuela.

Na sua axenda, Miranda, tamén visitara o Hogar de San José, unha das institucións que precisamente acolle a galegos que, pola súa idade e/ou condicións socio sanitarias, precisan de atención especializada e asistirase ao acto de entrega das ‘compostelas’ (documentos acreditativos de ter realizado o Camiño de Santiago) aos rapaces e rapazas orixinarios de Venezuela e que participaron este ano. A axenda de Rodríguez Miranda rematará cun encontro co embaixador, o director xeral de Migracións, e a directiva do Consello de Residentes Españois.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA