Xa se atopan en Galicia os 134 do programa Reencontros coa Terra da Xunta de Galicia
 
Os 134 que este año se acollen ao programa da Xunta de Galicia Reencontros na Terra chegaron este venres a Galicia polos aeroportos de Lavacolla e Peinador. Proceden de Arxentina, Brasil, Cuba, Uruguai e Venezuela. Todos teñen que ter máis de 65 anos, pero a media de idade atópase nos 75. Entre os catro de maior idade, viaxou unha persoa de 89 anos. A maioría deles proveñen este ano de Arxentina e Uruguai
 
 
 
 
 
 
4 de OCTUBRE de 2014: OURENSE DIXITAL

Os participantes no programa Reencontros na Terra deste 2014 aterraron este venres nos aeroportos de Lavacolla e Peinador, en voos procedentes de Arxentina, Brasil, Cuba, Uruguai e Venezuela, tras escala en Madrid.
Un ano máis, este programa organizado pola Secretaría Xeral da Emigración e desenvolvido coa colaboración da Consellería de Traballo e Benestar, ten por finalidade favorecer o achegamento de emigrantes galegos e galegas que teñen cumpridos 65 anos á súa terra e ás súas familias. Participan nesta edición un total de 134 persoas procedentes dos cinco países citados.

Aínda que todas as persoas participantes teñen cumpridos os 65 anos, condición sine qua non para beneficiárense do programa, a idade media supera amplamente esta cifra, xa que se aproxima aos 75 anos. As catro de maior idade son todas procedentes de Arxentina, destacando unha persoa que conta con 89 anos.
Os grupos máis numerosos son os procedentes de Arxentina (80 persoas) e Uruguai (36 persoas). O resto das persoas participantes son 11 de Brasil, 4 de Venezuela e 3 de Cuba. Preto do 32% das persoas participantes naceron na provincia de Pontevedra, o 31% na da Coruña, o 21% na de Ourense e o 16% restante na provincia de Lugo.

A finalidade desta iniciativa da Xunta é que as persoas participantes redescubran as súas raíces, tanto de tipo cultural, social, gastronómico, ou folclórico, como sobre todo familiar, poñéndose en contacto coa realidade do seu país de orixe e propiciando actividades que posibiliten o coñecemento da Galicia actual, o encontro coas súas propias familias e o intercambio de experiencias entre eles e elas.

O programa desenvólvese ao longo de tres meses, con dúas fases diferenciadas. A primeira delas consiste nunha estadía de dúas semanas, na Residencia de Tempo Libre do Carballiño, en réxime de pensión completa, levando a cabo actividades recreativas e culturais axeitadas ás persoas participantes.
 A segunda fase consiste nunha estadía xunto as súas familias de Galicia, coas que poden permanecer ata completaren un tempo máximo de tres meses. Trátase dun complemento á estadía oficial que supón para moitas das persoas beneficiarias unha oportunidade única de volveren a atopar as súas raíces persoais e familiares.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO
4, VIERNES