Do 6 ao 8 de setembro, Os Biocos de Río acollen a AstroBiocos, a festa galega da astronomía
 
O Albergue Os Biocos de San Xoán de Río prepárase para as actividades da AstroBiocos do 6 ao 8 de setembro. Dúas noites de observacións astronómicas e actividades complementarias así como conferencias, que se enfocan para todos os públicos. Recolle a AstroBiocos as experiencias das catro edicións anteriores da AstroGalicia
 
 
 
 
 
28 de AGOSTO de 2013: OURENSE DIXITAL

O Albergue Os Biocos de San Xoán de Río, acollerá do 6 ao 8 de setembro a AstroBiocos, dúas noites de observacións astronómicas enfocadas a tódolos públicos así como conferencias, que serán tamén "a festa galega da astronomía que recolle as experiencias das catro edicións anteriores de AstroGalicia", sinalou Dositeo Veiga como responsable desta iniciativa ao ser a mesma presentada este martes.

Ademais da colaboración de varias asociacións de astrónomos afeccionados como en anos anteriores, este ano a AstroBiocos contará coa colaboración do Instituto Nacional de Tecnología Aeroespacial, INTA, e do Centro de Astrobiología do CSIC, o CAB.
Tales colaboracións posibilitan que nesta edición se poida contar coa presenza de investigadores españois punteiros na exploración espacial.

No eido dos invitados, contarase coa presenza de Javier Cacho Gómez, científico e escritor que en 1976 se incorporou á Comisión Nacional de Investigación Espacial, CONIE, e que en 1985 fixo o propio no Instituto Nacional de Ténica Aeroespacial.
Tamén estará Juan Ángel Vaquerizo, responsable do proxecto PARTNeR no Centro de Astrobiología INTA-CSIC, licenciado en Ciencias Físicas na especialidade de Astrofísica.
Así como Josep M. Bosch, catedrático emérito de Lengua e Literatura Catalá e responsable do Observatorio de Santa María de Montmagastrell en L´Urgell, Lleida.

As actividades completaranse cun obradoiro á iniciación á astronomía, así como outros obradoiros de divulgación e de actividades para os acompañantes dos que asistan á AstroBiocos.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  PROGRAMA da ASTROBIOCOS ao Completo  
     
  Fotografía :ROSA VEIGA  
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA