A comunidade venezolana en Ourense celebra este sábado a súa festa anual, no Campo da Feira dende as 11 da mañá
 
A Festa da comunidade venezolana en Ourense acada este ano a 6ª edición que terá lugar este sábado, a partires das 11 da mañá. É a Arepazo, que nesta edición conxuga as actividades propias da comunidade deste país en Ourense coas posibilidades termais desta cidade. Organiza a Asociación Alma Llanera.
 
 
 
 
6 de JULIO de 2011: OURENSE DIXITAL

O Campo da Feira acolle este sábado, día 6 de xullo, o VI Arepazo, a festa da gastronomía, a cultura e as costumes de Venezuela, protagonistas desta nova edición feiral. A actividade está organizada pola Asociación Ourensá Venezolana Alma Llanera en colaboración coas concellerías de Benestar Social e Industria e Comercio do Concello de Ourense.

A sexta edición da Arepazo conxuga nesta ocasión o termalismo co certame, e pretende poñer en contacto as culturas ourensá e venezolana ao tempo que potenciando o termal da cidade. O programa inclúe un percorrido termal, actuacións musicais e culturais, un torneo de dominó e de bolas criollas, así como gastronomía e animación dirixida aos máis cativos.

Precisamente coa saída do tren turístico pola ruta termal ás 11 da mañá dende o Campo da Feira ata o Casco Histórico da cidade, darán comezo as actividades desta celebración.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 6, VIERNES
 
El PP presenta 36 enmiendas a los Presupuestos de 2012, que se debaten y se votan en el pleno de este viernes
CxG irrumpe en el escenario municipal de la ciudad para criticar el "retraso" orzamentario
Lista para entrar en servicio la nueva Estación de Bombeo del Ourense de los 160.000 habitantes, la de O Couto
"Hai outros modelos de festas, pero este creou singularidade", destacó Isabel Pérez ...
Mejoró la seguridad vial en la capital ourensana en 2011, según refleja la memoria anual de la Policía Local