Los Suaves garanten un concerto imborrable, La Reunión, nun Derramerock que xa rebasa expectativas
 
Comeza este xoves a montaxe do Derramerock, festival que este ano se vai a Benposta e que coincide na última fin de semana das Festas de Ourense. Os organizadores celebran a expectación que dicen que está xerando o festival, anuncian a montaxe de máis de 4.000 metros cadrados de carpas, e xa hai hoteis na capital ourensá que esgotaron as habitacións para os días do Derramerock. Asemade, Los Suaves teñen preparado un concerto imborrable no que estarán os 30 anos da súa historia musical.
 
 
 
 
 
20 de XUÑO de 2013: OURENSE DIXITAL

A falta de dous días para o comezo das Festas de Ourense deste 2013, presentouse este mércores no Concello de Ourense o Festival Derramerock, que se celebrará en Benposta o venres 27 e o sábado 28 de xuño
Nesta presentación, o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e a concelleira de Cultura, Ana Garrido, estiveron acompañados do director do festival, Enrique Granda e por Charli Domínguez, compoñente do grupo Los Suaves.

O director do festival, avanzou detalles da montaxe que comezará a partir xa deste xoves, 20 de xuño.
Esta XVIII edición do Derramerock contará con máis de 4.000 m2 de carpas e xa esgotou as habitacións de varios hoteis da cidade. A maiores, Enrique Granda, aclarou que para o concerto de Melendi xa vendeu máis de 6.500 entradas.
Posteriormente, Charli Dominguez, espuxo que por o concerto de Los Suaves, La Reunión, pasarán a maioría dos compoñentes da mítica formación durante estes máis de 30 anos de existencia. Los Suaves La Reunión será unha actuación no que os membros pasados da banda se están a implicar con ensaios dende fai semanas, para ofrecer o mellor dos concertos. Charli Domínguez, baixista do grupo, incidiu en que "erá un deses concertos no que, pasado o tempo, un poderá decir que estivo alí".

Pola súa banda, o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, agradeceu a implicación dos organizadores, e subliñou o compromiso para conseguir obxectivos adaptando os recursos existentes. E puxo o exemplo no Derramerock, onde, con menos orzamento, Ourense terá un evento de primeiro nivel, que atrae a moita xente a cidade, ademáis do concerto de Melendi, segundo sinalou o rexedor municipal.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 19, MARTES
 
El Grupo Municipal del PP tacha el programa de las Fiestas Maiores de Ourense de "festexos de baixo perfil"
El Punto de Atención Continuada de Verín se va este jueves, 21 de junio, a Urxencias del Hospital Comarcal
16 años después de solicitada la retirada, cae la Plaza del Alzamiento Nacional de O Polvorín
La CHM-S confirma el expediente sancionador al Concello de San Cibrao por los vertidos del pasado mes de enero
Escolares y ANPA del CEIP Pena Corneira acuden este miércoles a clases disfrados de ovejas, cual rebaño