Comeza a xestarse en Seixalbo o proxecto Come Ourense para reactivar a produción de alimentos no extra radio
 
Este mércores celebrouse a primeira reunión do proxecto que lidera Medio Ambiente do Concello de Ourense chamado Come Ourense. O obxectivo deste proxecto é mellorar a sostibilidade do sistema alimentario da nosa cidade, reactivando a produción de alimentos nas áreas periurbanas de Ourense cunha orientación de autoconsumo e mercantil. Nesta primeira reunión tanteáronse as liñas maestras que han de guiar o desenvolvemento de dito proxecto.
 
 
 
 
20 de XUÑO de 2013: OURENSE DIXITAL

O Centro Cívico de Seixalbo acolleu este mércores a primeira das reunións do proxecto liderado pola Concellería de Medio Ambiente, Come Ourense, cuxo principal obxectivo é mellorar a sostibilidade do sistema alimentario da nosa cidade, reactivando a produción de alimentos nas áreas periurbanas de Ourense cunha orientación de autoconsumo e mercantil.

O proxecto xurde para combater a perda e o abandono das hortas tradicionais da área periurbana de Ourense, e pola falta de utilidade dunha funcionalidade como a produción de alimentos.
Este feito ocasiona múltiples problemas como a perda da paisaxe humanizada, o abandono de camiños, a maior incidencia dos lumes en terreos non cultivados, ou a necesidade de traer alimentos de lugares máis afastados, incrementando o custo enerxético.
Durante a sesión, tivo lugar unha presentación e primeiro punto de encontro, no que se repasaron as claves do proxecto, enmarcado no programa Urbact II, sustainable food in urban communities, baseado na transferencia de coñecementos, experiencias e boas prácticas de desenvolvemento local entre as cidades que participan.

Come Ourense dará inicio cunha experiencia piloto en Seixalbo, e posteriormente poderíase extraer a experiencia a outras localidades do medio rural ourensán como Velle, Ceboliño, Cudeiro, Palmés ou Cabeza de Vaca.

Impulsar novas fórmulas de fomento do comercio local de productos autóctonos entre a poboación; establecer feiras de produtos ecolóxicos, favorecendo a presencia de alimentos procedentes do termo municipal; crear unha convocatoria de Bolsas para estudantes que lles permita adquirir produtos frescos e de tempada na Praza de Abastos; e promover a creación de grupos de expertos nos núcleos rurais onde se desenvolva o proxecto, que ensinen as prácticas tradicionais de traballar a terra e colaboren nas distintas fases de produción de alimentos, son catro das súas principais liñas de actuación.
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 19, MARTES
 
El Grupo Municipal del PP tacha el programa de las Fiestas Maiores de Ourense de "festexos de baixo perfil"
El Punto de Atención Continuada de Verín se va este jueves, 21 de junio, a Urxencias del Hospital Comarcal
16 años después de solicitada la retirada, cae la Plaza del Alzamiento Nacional de O Polvorín
La CHM-S confirma el expediente sancionador al Concello de San Cibrao por los vertidos del pasado mes de enero
Escolares y ANPA del CEIP Pena Corneira acuden este miércoles a clases disfrados de ovejas, cual rebaño