Martínez lembra en Verín que a Xunta ten activadas as axudas aos centros comerciais abertos e prazas de abastos
 
Nun acto que tivo lugar este xoves en Verín, o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, destacou a importancia que ten o comercio de proximidade na dinamización da economía especialmente nas vilas destra provincia. Lembrou que a Consellería de Economía e Industria ten agora mismo aberta unha convocatoria de axudas de 2,2 millóns de euros para dinamizalos centros comerciais abertso e as prazas de abastos.
 
 
 
 
3 de MAIO de 2011: OURENSE DIXITAL

En Verín, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, incidiu este xoves na importancia do comercio de proximidade como "un importante elemento dinamizador das vilas e cidades galegas e un sector de relevancia para a reactivación económica". Esta afirmación produciuse na entrega dun diploma a unha empresa familiar de Verín pola que pasaron xa catro xeracións dende a súa fundación en 1909.

O recoñecemento provén do Centro Comercial Aberto de Verín dentro de A semana do teu comercio:unha semana, un comercio, unha historia, unha campaña coa que a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia tenta poñer en valor o traballo que están a desenvolver os 52 centros comerciais abertos que, a día de hoxe, existen en Galicia.

No acto, Rogelio Martínez lembrou que o apoio ao comercio de proximidade é un dos eixos estratéxicos da Consellería de Economía e Industria. Así, este departamento autonómico ten aberto o prazo de solicitude para o novo programa de axudas ás asociacións de comerciantes para a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos, que está dotado con 2,2 millóns de euros, un 10% máis que o ano pasado.
Martínez engadiu que o ano pasado beneficiáronse destas axudas 7 centros comerciais abertos e unha praza de abastos da provincia, cunhas achegas que superaron os 255.000 euros.

As axudas, que poderán solicitarse ata o 22 de maio, poden chegar no caso dos centros comerciais abertos ata 40.000 euros e alcanzar o 80% do investimento subvencionable. No caso das asociacións das prazas de abastos, a porcentaxe de axuda é do 70%, podendo alcanzar un máximo de 9.800 euros.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 3, JUEVES
 
El Presupuesto de 2012 del Concello de Ourense "está rematado prácticamente" y se conocerá la próxima semana
Al presentar la Feira da Saúde, Marga Martín anuncia que ninguna asociación se quedará sin subvención en 2012
López Vidal plantea "que sexa a última vez que se escolla ao secretario xeral provincial por delegación"
El PP de O Barco pedirá al Concello que intente por tercera vez la declaración de ARI para el Casco Vello de la villa
Llevar más de 3 cubos de escombro al mes al Punto Limpo de O Barco puede salir por 750 euros de multa