Presentada una nova edición da Andaina Cidade de Ourense que se celebrará o segundo domingo de maio
 
Chega unha nova edición da Andaina Cidade de Ourense que fai a décima. Presentouse este xoves e terá lugar o segundo domingo de maio, día 12. Terá un percorrido de 27 quilómetros cunha cota máxima de altitude de 404 metros. A participación limítase a un máximo de 500 persoas, e este luns, día 22, ábrese o prazo de inscricións.
 
 
 
 
 
19 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

O concelleiro de Deportes, Alfonso Vilachá, o xerente do Consello Municipal de Deportes, Cándido Gómez, e a coordinadora da actividade,  Marta Míguez, presentaron este xoves no Salón de Plenos do Concello de Ourense, a X Andaina Cidade de Ourense que se desenvolverá o vindeiro día 12 de maio.
A actividade está organizada polo Consello Municipal de Deportes e o Concello de Ourense, co patrocinio das empresas e Pérez Rumbao, Gadis, aquaBona, Coca-Cola, laCaixa e colaboración de Turini, Termas de Outariz, Bodegas Cunqueiro, Estrella Galicia e Ponte Vella Centro Comercial.

A Andaina terá saída ás 9 da mañá con chegada no Pavillón dos Remedios, e o percorrido discorrerá polos montes da zona sur-sureste de Ourense, cunha distancia de 27 quilómetros e unha elevación máxima de 404 metros.
Os puntos de avituallamento estarán en Seixalvo (km. 6), Cumial (km. 13) e Ceboliño (km. 20) e no remate da andaina (Pavillón dos Remedios, km.27).
A participación limítase a un máximo de 500 persoas.

Os interesados en participar deben ser maiores de 16 anos e poderán inscribirse dende o día 22 de abril ata o 9 día de maio, a través da páxina www.deportesourense.com. A inscrición ten un custe de 7 euros.
Tamén no Salón de Plenos do Concello presentouse o X Torneo Internacional de Kickboxing, que terá lugar este domingo, 20 de abril, ás 21:30 horas, no Pavillón dos Remedios.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA