Convocadas as Becas Leonardo da Vinci deste 2013 para 25 mozos ourensáns co ciclo superior de FP completado
 
O Concello de Ourense, a través da Concellería de Educación, ven de convocar outra edición das Becas Leonardo da Vinci, dirixidas a mozos de entre 18 e 30 anos que remataran o ciclo superior de Formación Profesional. Ata o día 2 do mes de maio hai de prazo para solicitalas. O programa suporá un investimento de algo máis de 75.000 euros, e as estadías son nas cidades de Lisboa, Florencia, Dublín e Portsmouth.
 
 
 
 
18 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Educación do Concello de Ourense ven de convocar, un ano máis, as Becas Leonardo da Vinci, coas que mozos ourensáns poderán desfrutar dunha estadía formativa de 12 semanas de duración en catro cidades europeas: Lisboa (Portugal), Florencia (Italia), Dublín (Irlanda) e Portsmouth (Reino Unido), aprender o idioma e realizar prácticas laborais en empresas do seu sector de actividade.
As becas están dirixidas a mozos de entre 18 e 30 anos que remataran o ciclo superior de Formación Profesional. En caso de non cubrirse tódalas prazas, poderán optar tamén licenciados, diplomados ou graduados universitarios, como xa ocurriu en anos anteriores. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o día 2 de maio.
O programa suporá un investimento de 75.337,50 euros.

Os participantes desfrutarán dunha estadía de 12 semanas no país de destino, que se desenvolverán entre os meses de setembro e decembro. Alí realizarán un curso intensivo de idioma e preparación cultural, de 3 semanas, e prácticas profesionais en empresas relacionadas coa súa formación ou experiencia laboral previa, durante as 9 semanas restantes.
As becas inclúen desprazamento ida e volta, aloxamento, seguemento de titores, cursos de formación, seguro médico e búsqueda de empresas para realizar as prácticas, entre outros aspectos.

Tódolos interesados poden solicitar máis información e recoller os formularios de inscrición na Concellería de Educación, na Praza de San Martiño, 2, 1º, teléfono 988 388136 e consultar as bases da convocatoria na páxina web do Concello de Ourense www.ourense.es ou da Concellería de Educación www.educacionourense.es. As solicitudes deberanse presentar por Rexistro Xeral do Concello ata o día 2 de maio.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 18, MIÉRCOLES
 
El alcalde de Xinzo plantea una reducción lineal del 22% de los salarios de los laborales, para evitar el ERE del Concello
Una hora duró la primera reunión de la Mesa que negocia el Plan de Ajuste del Concello de Xinzo de Limia
"Ángel y Julia, muertos en la cama" fue, en realidad, Ángel mató a Julia y luego él se suicidó
Acusan al alcalde de Piñor de discriminar a una vecina por integrar la lista del PP en las pasadas municipales
El periodista de la COPE, Juan Maceiras, y el digital Tempo de Lecer, ganan los Premios Carracedo 2012