Metílico, 50 años envenenados, de Fernando Méndez, actualiza os achados máis recentes do Caso do Metílico
 
Metílico, 50 años envenenados, é a última publicación do escritor e periodista ourensán, Fernando Méndez. O asunto non rematou con Historia dun crime. O caso do metílico que publicou en 1998, e o estudoso daqueles feitos actualiza agora a súa investigación sostida durante xa fai bastantes anos. O libro é tamén unha contribución aos que sofriron aquel caso: mortos, cegos e os seus familiares. Daquela "houbo sentencia, pero non houbo xustiza", asegura Fernando Méndez.
 
 
 
 
 
20 de MARZO de 2013: OURENSE DIXITAL

Metílico, 50 años envenenados, é o último traballo do escritor e periodista ourensán Fernando Méndez, que ven de presentarse no Liceo desta cidade editado por Sotelo Blanco.
Metílico, 50 años envenenados é a continuación do traballo deste mesmo autor, Historia dun crime. O caso do metílico, publicado pola Editorial Galaxia en 1998.
Segundo Fernando Méndez, este novo traballo amplía a documentación e os casos que aparecían na primeira publicación. "É, polo tanto, unha ampliación daquela primeira publicación, con máis datos e, sobre todo, máis actualizada", sinalou o propio autor a este xornal.

A presentación deste novo traballo de Fernando Méndez fíxose coincidir nas datas nas que se celebra medio século, 50 anos, dos días máis álxidos do Caso do Metílico en Ourense: "nun día coma hoxe fai 50 anos, estaba morrendo xente en Ourense e outra quedándose cega", lembraba o autor poucas horas antes de dar comezo o acto de presentación da súa última publicación.
Estudoso da cuestión do metílico, Fernando Méndez da a entender polas claras que o asunto e coma unha eiva da xustiza, e pode que tamén da sociedade, con aqueles que morreron pola inxestión do metílico, as súa familias, e tamén os que quedaron seriamente danados, moitos deles cegos.
Por iso sinala que Metílico, 50 años envenenados, é tamén a súa contribución "a que se faga xustiza social aínda que sexa hoxe, xa que no seu día non se fixo xustiza xurídica". Ou tamén esa especie de complicidade coas vítimas que acaba por deixar no escritor a procura da verdade.

Fernando Méndez di ter moi claro que o do Metílico fou "un tema que se pechou en falso, posiblemente porque entón interesaba facelo así".
"Houbo sentenza, pero non houbo xustiza", sinala o autor de Metílico, 50 años envenenados presentado este martes.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 20, MARTES
 
El Concello de Ourense acusa al PP de Madrid y Santiago de "sistemática confabulación" contra la ciudad
Exigen la dimisión del presidente del INORDE por posibles irregularidades en el Proxecto Estacións
Nuevo vertido de aguas residuales al Miño a través del Barbaña durante este fin de semana
Concellos de Valdeorras e Deputación tentan comarcalizar o ciclo hidráulico co "Consorcio de Augas"
450 nenos de Infantil e Primaria da cidade aprenderon Educación Vial a través do teatro