Paz esixe á Xunta que de marcha atrás na conversión do IES da Carballeira en centro de Formación Profesional
 
Sen contar con ninguén da comunidade educativa, Educación da Xunta converteu o IES da Carballeira nun centro integrado de Formación Profesional. o BNG ven de trasladar ao Parlamento de Galicia as súas protestas, e advirte que a medida provocará maiores desprazamentos do alumnado e masificación noutras aulas, nas do Couto, por exemplo. Por iso,"neste asunto só nos vale a marcha atrás, esixímoslle á Xunta que anule esta decisión", sinala Tereixa Paz.
 
 
 
 
27 de MARZO de 2013: OURENSE DIXITAL

A deputada do BNG por Ourense, Tereixa Paz, ven de presentar unha batería de iniciativas no Parlamento de Galiza nas que fai constar a súa rotunda oposición á intención do Goberno Galego de reconverter o IES A Carballeira-Marcos Valcárcel nun centro integrado de formación profesional.
Segundo a deputada esta decisión "atenta gravemente aos intereses do seu alumnado, xa que o obrigará a maiores desprazamentos e provocará a masificación nos institutos nos que se produza a súa escolarización".
O BNG lembra que no centro da Carballeira cursan estudos alumnos e alumnas non só do propio entorno do centro senón tamén doutros concellos limítrofes o cal vai comportar moitas distorsións ás súas familias.

Por outro lado, segundo sinala Paz, esta medida vai provocar, ao ter que reubicar o seu alumnado, unha masificación nos institutos desta zona, especialmente o do Couto, co conseguinte deterioro do ensino público que se vai sumar aos recortes que se veñen producindo nos últimos anos.
Isto prexudica, a xuízo do BNG especialmente ao alumnado con necesidades educativas especiais e que precisan de apoio específico.
En palabras de Tereixa Paz "estamos ante unha nova agresión ao ensino público, ante o seu deterioro e desmantelamento, e as vítimas son os nosos mozos e mozas, con máis incidencia naqueles que máis precisan dun seguimento individualizado, que nun aula masificada non poderán ter".

O BNG denuncia que esta medida se teña adoptado sen ter en conta o parecer da comunidade educativa: "aquí non se dialoga con ninguén, nin cos pais e nais, nin cos rapaces, nin co profesorado", sinalou Tereixa Paz.
Para o Grupo Parlamentar do BNG podería estar a producirse un novo avance na privatización de servizos públicos. En palabras de Tereixa Paz "á vista de que o modelo de formación profesional do PP consiste na súa privatización poderíamos estar ante o primeiro chanzo para que alguén faga negocio con este centro".

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 27, MARTES
 
El alcalde de Verín al juzgado por referirse en público al secretario del PSOE como "o coxo de merda socialista"
Vilamarín estrenó su nuevo Centro de Saúde, legado "das galegas e dos galegos de hoxe para a Galicia da maña"
El Concello de Ourense rechaza la "imposición unilateral" de la Xunta del Transporte Metropolitano
El BNG teme por la integridad de Pena Trevinca, tras arder más de 500 hectáreas entre febrero y marzo
Explosiona un artefacto casero colocado en la Oficina de Empleo del Jardín del Posío de Ourense