Captar potenciais inversores, principal obxectivo de dous foros que organiza a Concellería de Termalismo
 
Un na capital ourensá e o outro en Madrid, dentro da FITUR. O Concello de Ourense anuncia a celebración en xaneiro e febreiro de dos encontros de traballo en materia termal con potenciais inversores, empresas especializadas e prescriptores. Quere o Concello concretar proxectos de investimento privado que contribúa a crear riqueza e que posibilite a xeración de emprego nesta cidade.
 
 
 
 
4 de XANEIRO de 2013: OURENSE DIXITAL

Dentro do Plan Estratéxico Termal, o Concello de Ourense ven de anunciar a celebración de dous encontros de traballo con potenciais inversores, empresas especializadas e prescriptores. Os encontros terán lugar en Ourense os días 17 e 18 de xaneiro, e en Madrid, os días 31 de xaneiro e 1 de febreiro, no marco da feira Internacional de Turismo FITUR.
Segundo explica o departamento de Vázquez Barquero, esta iniciativa ten a intención de "posibilitar a concreción de proxectos de investimento privado que contribúa a crear riqueza e posibiliten a xeración de emprego na cidade".

Os dous foros forman parte dunha das accións resultantes do convenio de colaboración entre o Instituto de Turismo de España e o Concello de Ourense para o desenvolvemento de inversións vinculadas ao Plan Estratéxico Termal.
Nos mesmos, os participantes coñecerán a riqueza e potencialidades dos recursos termais, naturais e patrimoniais da cidade de Ourense, as propostas contempladas no novo planeamento urbano para a implementación de proxectos privados de inversión no ámbito termal ou os proxectos que poidan contribuír a aumentar o atractivo da cidade desde un punto de vista inversor, como a chegada da Alta Velocidade e a proposta de construción da nova estación do AVE.

O primeiro dos foros con potenciais inversores será en Ourense, os días 17 e 18 de xaneiro, onde os diferentes operadores no sector hoteleiro termal realizarán unha inspección sobre o terreo da situación das infraestruturas da cidade, proxectos de futuro e a calidade das surxencias termais de Ourense. Nas mesmas liñas, e no marco da Feira Internacional de Turismo FITUR, levaranse a cabo reunións con inversores especializados na actividade termal.

A Concellería de Termalismo da conta dos temas a tratar dentro de ditos dous encontros:

- Características, caudais e ubicación das principais surxencias termais da cidade de Ourense.

- Planeamento urbanístico de Ourense, con especial referencia ao BIC das Burgas e ao ámbito do antigo cárcere.

- Infraestrutura termal existente na cidade de Ourense.

- Principais proxectos de desenvolvemento termal: antigo cárcere, traseiras das Burgas e proxectos de iniciativa privada.

- Outros proxectos relacionados co desenvolvemento termal: bulevar termal e tren de Alta Velocidade AVE.

- Axudas financieiras ao desenvolvemento termal (Plan Impulsa Ourense, da Xunta de Galicia).

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA