O Centro Deportivo de As Eiroás acada 130.000 usuarios en apenas dous meses que leva funcionando
 
En apenas dous meses o Centro Deportivo de As Eiroás que entrou en servizo no pasado mes de setembro, leva xa rexistrados máis de 130.000 usuarios, e acada un pico de asistencia nun só día de 2.900 persoas. Para a Concellería de Deportes, son datos que reflicten a boa acollida que ten este novo Centro, en consonancia tamén co bo nivel de servizos que se dispensan e cun prezo de 32 euros moi competitivo ao permitir o acceso a tódolos servizos.
 
 
 
 
27 de NOVEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

En apenas dous meses, o Centro Deportivo As Eiroás leva rexistrados máis de 130.000 usos, acadando un récord de asistencia nun día de 2.900 persoas, sinalou o concelleiro de Deportes, Alfonso Vilachá, ao visitar este lunes acompañado polo alcalde da cidade ditas instalacións deportivas que entraron en servizo no pasado mes de setembro.
Os usos repártense entre os propios abonados ao centro, os 600 nenos que participan semanalmente nas actividades e cursos de auga e actividades fitness adaptadas para eles e os máis de 1.100 adultos que xa practican actividades dirixidas como aerobic, ciclo indoor, Body Combat, Body Pump e outras 60 sesións á semana.

O Centro de As Eiroás oferta máis de 13.000 metros cadrados de instalacións deportivas e de ocio, que supuxeron un investimento de máis de 7 millóns de euros, e "estase a consolidar como centro de referencia na cidade destinado á práctica do deporte en toda a súa esencia", sinala a Concellería de Deportes do Concello de Ourense.
O centro está repartido en catro áreas diferenciadas, fitness, zona acuática, fútbol e ocio, e se agardan 500.000 usos anuais de veciños da cidade e do resto da provincia. Todos os seus espazos están equipados con materiais de altísima calidade, a un prezo de 32 € mensuais que inclúen a práctica totalidade dos servizos.

Pero ademais, en materia de emprego o proxecto dá traballo estable a unhas 40 persoas, que se suman aos máis de 800 empregados da plantilla de ServiOcio no resto do país, e de xeito indirecto dá emprego a outras 50, por outros servizos necesarios para o funcionamento deste gran centro.
Tamén o coidado do medio ambiente foi importante na execución do proxecto. Para ilo instalouse unha gran área de paneis solares para abastecer de enerxía ao centro, e o sistema de desinfección da auga das piscinas realízase mediante equipos de raios ultravioleta que favorece a reducción do cloro como elemento desinfectante.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA