O Centro Sociocomunitario de Ourense-centro renovou mobiliario e equipamentos informáticos
 
O Centro Sociocomunitario de Ourense-centro ven de renovar o mobiliario e o seu equipamento informático, renovacións que se levaron a cabo ao abeiro dun convenio subscrito no seu día pola Fundación La Caixa e a Consellería de Traballo e Benestar. A Xunta de Galicia sinala que este centro recibe cada ano uns 5.000 usuarios dende que se puxo en marcha en 1972. O obxectivo final destes centros é conseguir unha participación activa na comunidade dos cidadáns en xeral e das persoas maiores en particular.
 
 
 
 
 
16 de NOVEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

O Centro Sociocomunitario de Ourense-centro ven de renovar o mobiliario e o seu equipamento informático, renovacións das que coñeceu este xoves o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez. Quen ademais foi informado da programación de actividades formativas e de lecer e tempo libre que se desenvolven neste centros sociocomunitarios dependente do departamento autonómico dirixido por Beatriz Mato.

A aula de informática deste centro renovouse ao abeiro dun convenio subscrito pola Fundación La Caixa e a Consellería de Traballo e Benestar. Así, este espazo dotouse de 20 postos de formación completo de informática, 10 ordenadores de última xeración e novo mobiliario.
Este centro ten programadas actividades informáticas impartidas por profesores a cargo do convenio asinado coa entidade crediticia catalá e, ademais, tamén hai un grupo de voluntarios que catro días á semana acoden ao fogar do maior para impartir clases de informática y de manexo de internet.

Este centro sociocomunitario, emprazado na rúa Concello e cunha superficie de 1.600 m2 en dúas plantas, comezou a funcionar coa finalidade de mellorar a calidade de vida dos usuarios mediante a promoción sociocultural das persoas e, a día de hoxe, é un importante lugar de encontro interxeneracional e de comunicación na cidade das Burgas.
De feito, segundo os últimos datos que manexa a Xunta de Galicia, este centro recibe a máis de 5.000 usuarios e usuarias, e nestes momentos está a desenvolver obradoiros de psicomotricidade, ximnasia, teatro, encaixe de Camariñas, pintura, manualidades, coro, gaita ou informática, entre outros talleres. A maioría dos usuarios que acoden a este centro teñen entre 65 e 80 anos.
A ocupación media diaria cífrase en máis de 150 persoas polas mañás e 300 polo serán, incrementándose ata 500 as fines de semana e festivos xa que é cando celébrase as sesións de baile.

O obxectivo final destes centros é conseguir unha participación activa na comunidade dos cidadáns en xeral e das persoas maiores en particular, a prevención da dependencia e que as persoas maiores teñan un lugar para reunirse propiciando a integración social no grupo e que os usuarios e usuarias participen nas actividades e se relacionen activamente con outras persoas promovendo tamén actividades de voluntariado, ocio e excursións
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 16, MIÉRCOLES
 
Rajoy, Felipe González y Guillerme Vázquez convirtieron este martes en la jornada más fuerte de campaña electoral...
Rodríguez dice a la Xunta que el proceso de integración de la Alta Velocidad en Ourense "é imparable"
El BNG tacha de "electoralista" el acto de las maquetas de la Estación del AVE de este pasado lunes
El SERGAS configura el organigrama de la nueva Xerencia de Xestión Integrada de Ourense
Sale a información pública el estudio del tramo Ourense-Monforte del AVE que retoca el de 2003