Chega ao Municipal de Ourense a exposición Ao cabo de Juan Louro, no Outono Fotográfico 2012
 
A Sala I do Museo Municipal da Rúa Lepanto desta cidade acolle a exposición Ao cabo de Juan Louro. E  unha mostra de máis de 30 fotografías, das cales na primeira fase expoñeranse 24, da destrución do naval, de pobos mariñeiros y do abandono da flota pesqueira. "Parecían berrar para que alguén fora notario da súa traxedia", sinalou o autor da expo no acto da súa presentación este martes.
 
 
 
 
24 de OUTUBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

O Museo Municipal albergou este martes unha nova presentación dentro do proxecto Outono Fotográfico que este ano alcanza a súa 30 edición, desde que se fundara no ano 1983 da man de Benito Losada. Trátase da exposición Ao cabo, e vén ser o inicio do programa de exposicións deste Outono 2012 co que o Concello de Ourense ven colaborando ano tras ano, e que se converteu nun referente dentro e fóra de Galicia, sinalouse na presentación da mesma.

Ao cabo permanecerá na Sala I do Museo Municipal, é do artista Juan Louro, e está comisionada por Ana Skette. Trátase dunha mostra de máis de 30 fotografías, das cales na primeira fase expoñeranse 24.
Tal e como a define o seu creador, Ao cabo é unha exposición para facer ver e sentir ao espectador, dende o seu plantexamento estético e realista a destrución dun sector, dunha forma de vida e dunha comarca: a dos pobos mariñeiros a ao abandono da flota pesqueira.
Na súa obra, o autor recolle os barcos abandonados na costa que, segundo explica, "parecían berrar para que alguén fora notario da súa traxedia".

Esta exposición tamén inclúe unha actividade paralela vencellada á exposición denominada fotopoemas para compartir, e na que participaron máis de 80 aportacións.
A obra gañadora foi para o artista Breixo Pazos cunha foto que leva por título Esperando en Ítaca.
Neste concurso, otorgóuselle un accésit a Marisa Gabín, coa foto El recuerdo de algún beso. Estas obras premiadas exporanse tamén no Museo en formato de 50 x 70, impresa en papel da mesma calidade que as imaxes de Ao cabo.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Noticia 1  
  Noticia 2  
  Noticia 3  
  Noticia 4  
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad