O Concello fomenta o voluntariado con 5 novos cursos e obradorios formativos gratuitos que totalizan 125 prazas
 
Veñen de ser presentados os 5 novos cursos e obradoiros gratuitos da Concellería de Voluntariado do Concello de Ourense. Este programa de actividades desenvolverase nos meses de novembro e decembro, e a oferta inclúe cursos de iniciación ao voluntariado, risoterpia e relaxación, lingua de signos e ferramentas para o apoio escolar e persoas con discapacidade.
 
 
 
 
 
24 de OUTUBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

A concelleira de Voluntariado, Mónica Vázquez, vén de presentar os novos cursos gratuítos en materia de voluntariado, que se celebrarán nos meses de novembro e decembro nas dependencias da Concellería de Voluntariado, sita na rúa do Ensino, 24.
O único requisito para poder participar nesta oferta formativa é estar inscrito como voluntario ou voluntaria na Oficina Municipal de Voluntariado ou ben acreditar ter recibido formación básica, xa que estes cursos están destinados a persoas que colaboren normalmente nos programas municipais de voluntariado ou accións cidadás, tentando implementar os coñecementos dos participantes neste tipo de iniciativas e completar a súa formación.

Os cursos ofertados son cinco, segundo a descrición dos mesmos que ven de facer o departamento da mencionada concelleira:

- Curso básico de iniciación ao voluntariado: que se celebrará os días 5 e 6 de novembro de 18.00h a 21.00h e no que se desenvolverán conceptos coma o sentido e valores da acción voluntaria, dereitos, deberes e compromisos dos voluntarios, motivacións e perfís e acción propias do Concello de Ourense. A data límite de inscrición é o 29 de outubro.

- Ferramentas para o apoio escolar e tempo de ocio na infancia: que se celebrará do 12 ao 15 de novembro de 18.00h a 21.00h, cunha duración total de 12 horas. Trataranse contidos coma a implementación de habilidades sociais para o traballo cos nenos e nenas, dinámicas de xogo e técnicas de comunicación e resolución de conflictos. Os interesados ou interesadas poden inscribirse ata o 31 de outubro.

- Iniciación á lingua de signos: terá lugar do 19 ao 22 e do 26 ao 29 de novembro, cun total de 24 horas de formación e onde se desenvolverán, mediante obradoiros prácticos e participativos, técnicas para comezar unha conversa, expoñer e contestar preguntas, argumentar, expresar desexos e desenvolverse sen dificultade nos intercambios sociais. A data límite de inscricións é o venres, 9 de novembro.

- Obradoiro de risoterapia e relaxación: os días 9, 16, 23 e 30 de novembro, empregarase a risa para afrontar os contratempos e buscar un uso axeitado do humor para axudar aos demais. Os interesados teñen de prazo ata o 31 de outubro para formalizar a súa praza.

- Ferramentas para o ocio e acompañamento a persoas con discapacidade: do 10 ao 13 de decembro, de 18.00h a 21.00h, proporcionaranse os coñecementos e habilidades necesarias para facer máis doada a vida cotiá das persoas con discapacidade, sendo o 30 de novembro a data límite para formalizala a inscrición neste curso.

A acción voluntaria no Concello

Actualmente o Concello conta con 129 voluntarios (52 homes e 77 mulleres) de tódalas idades, que ao longo de todo o ano se implican en actividades municipais como o Camiño Escolar, programa da Concellería de Educación que fomenta os desprazamentos a pe á escola, ou amosando a súa colaboración con asociacións da cidade, como é o caso do apoio educativo á asociación Afrolatina ou na Asociación APES para a prevención da exclusión social, lembra a Concellería de Mónica Vázquez.

Baixo o lema Embárcate con Nós, dende a Concellería están a desenvolver actividades ao longo de todo o ano para fomentar a participación e implicación de todos aqueles interesados en labores de voluntariado, así como a realización de campañas informativas para pór en valor o traballo das persoas que de xeito anónimo e sen ánimo de lucro se implican en tarefas de axuda a outros.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Noticia 1  
  Noticia 2  
  Noticia 3  
  Noticia 4  
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad