Por que está triste o Miañas? gaña o Premio Pura e Dora Vázquez de Narración
 
A obra Por que está triste o Miañas?, da escritora ourensá Ángela Fernández Rey, é a gañadora da da X edición do Premio Pura e Dora Vázquez de Narración. O xurado destaca dela "o feito de que fomenta e transmite o sentido do compañeirismo, a amizade e a solidariedade entre os nenos". Ao coñecerse o fallo desta modalidade, automáticamente queda aberto o prazo para presentar traballos ao X Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración.
 
 
 
 
 
11 de OUTUBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

A obra Por que está triste o Miañas?, da escritora ourensá Ángela Fernández Rey, foi elixida por unanimidade do xurado como a gañadora da X edición do Premio Pura e Dora Vázquez de Narración, dotado con 1.500 euros, que convoca a Deputación de Ourense. O xurado deu a coñecer o fallo hoxe trala reunión mantida no Centro Cultural da Deputación de Ourense, destacando da obra premiada "o feito de que fomenta e transmite o sentido do compañeirismo, a amizade e a solidariedade entre os nenos", e subliñando tamén "o áxil ritmo narrativo e cunha linguaxe perfectamente acaída para o público infantil".

O xurado destaca asemade a orixinalidade do enfoque narrador da obra, que radica en que transmite a través dos animais os valores máis destacados do ser humano. Sinala tamén o xurado que esta obra de Fernández Rey "sirve para poñer en valor o fomento da literatura dirixida aos máis novos e o xénero literario da fábula", e "permitirá acadar un perfecto equilibro entre narración e ilustración", pois este é un galardón que premia estas dúas facetas creativas: a literaria e a artística.
Tamén destaca da obra o rápido ritmo narrativo da historia, que "atrapa" ao lector de principio a fin, cuns diálogos moi ben conseguidos.

Para Ángela Fernández Rey este é o seu primeiro premio literario. Segundo a normativa do premio, a obra gañadora será enviada aos interesados en participar no X Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración, para o cal a Deputación de Ourense abre a convocatoria dende este mesmo 10 de outubro. A esta modalidade de ilustración poderán concorrer os ilustradores que presenten os seus traballos, inéditos e orixinais -non menos de dez ilustracións-, tomando como base o texto premiado de Ángela Fernández Rey. Nesta modalidade establécese un premio de 1.500 euros, e a data límite para presentar os traballos é o 20 de decembro de 2012.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 11, MARTES
 
La Junta de Prisiones concede el tercer grado a Benigno Moure, lo que la CIG califica de "escándalo"
El PSOE culpa a la Xunta de la proliferación de vertederos de materiales de construcción en Monterrei
Martínez dice que es el Concello el único culpable de que las obras de la Avda. de Zamora no hayan terminado
Aquagest será la encargada de la obra que permitirá utilizar auga bruta para limpiar Ourense
La crisis dispara en Ourense las ayudas de Cáritas en 2010, un 78% más que en 2009