Concello de Ourense e Aspanas renovan o convenio para o fomento do emprego de persoas con discapacidade
 
Concello de Ourense e Aspanas Termal SLU prolongan a súa colaboración un ano máis con un novo convenio de algo máis de 80.000 euros. O convenio permite dar apoio ao programa que desenvolve Aspanas Termal, que permite acceder a un posto de traballo a 32 persoas con discapacidade, que previamente recibiron a formación necesaria para adquirir competencias precisas para os seus traballos.
 
 
 
 
 
6 de OUTUBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Goberno Local aprobou en sesión extraordinaria celebrada este venres o convenio de cooperación entre o Concello de Ourense e o centro especial de emprego Aspanas Termal SLU para fomentar o acceso a un posto de traballo de persoas con discapacidade intelectual. Este convenio ten un importe de 80.131 euros.
O convenio permite dar apoio ao programa que desenvolve Aspanas Termal, que permite acceder a un posto de traballo a 32 persoas con discapacidade, que previamente recibiron a formación necesaria para adquirir competencias precisas para os seus traballos.

A colaboración obxecto deste convenio concrétase nas accións derivadas da posta en marcha, desenvolvemento, xestión e avaliación dun programa de fomento do emprego nos ámbitos do medio ambiente e do termalismo en Ourense.
Así, o Centro especial de emprego ASPANAS Termal SLU adquire o compromiso de poñer en marcha, desenvolver e xestionar o programa de fomento do emprego nos ámbitos do medio ambiente e do termalismo, con accións de actividades de información e orientación nas zonas termais da Chavasqueira, O Tinteiro e o Muiño, así como actividades de reforzo da limpeza n os parques de San Lázaro, Alameda, Infantil, Xardín do Posío e contorno dos Remedios.
Pola súa parte, o Concello comprométese a prestar apoio ao centro especial de emprego ASPANAS TERMAL SLU para estas actividades e realizará unha achega de 80.131 euros ao obxectivo de financiar os gastos derivados da posta en marcha, o desenvolvemento e xestión do programa.

Programa de apoio aos centros educativos

A Xunta Local deu tamén esta mañá o visto bo ao programa de apoio a centros educativos da Concellería de Educación do Concello de Ourense para o curso 2012/2013, que dará atención a escolares de Infantil e Primaria dos colexios públicos da cidade.
Consiste, básicamente, en prestar un servizo de atención lúdico-educativa aos nenos que acuden ao comedor escolar, realizando actividades, dende que remata o horario de comedor, ás 16:00 horas, ata as 17:00 horas, para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral das súas familias, permitindo a nais e pais recoller aos nenos unha hora máis tarde do remate da actividade do comedor.

O programa ten como obxectivos afianzar e complementar os coñecementos académicos, aumentar a oferta lúdico educativa, promover a integración social e a maior solidariedade cos rapaces máis necesitados e axudar a conciliar a vida laboral e familiar.

O servizo de atención lúdico educativo prestarase de luns a venres nos CEIP Manuel Sueiro, Covadonga, As Mercedes, Irmáns Villar, CEE Miño, A Ponte, Mestre Vide, Manuel Luis Acuña, Mariñamansa, Mende e Inmaculada.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 6, JUEVES
 
Núñez Feijóo reiteró a Francisco Rodríguez todos los compromisos de la Xunta de Galicia con Ourense
Martínez dice que es el Concello el único culpable de que las obras de la Avda. de Zamora no hayan terminado
Aquagest será la encargada de la obra que permitirá utilizar auga bruta para limpiar Ourense
La crisis dispara en Ourense las ayudas de Cáritas en 2010, un 78% más que en 2009
O Cuarteto Hagen encabeza a cuarta tempada do ciclo de música de cámara Sen Batuta