Aprobado o Estudo de Detalle e o Proxecto de Reparcelación do BIC das Burgas para o primeiro centro termal de Ourense
 
O Concello de Ourense ven de presentar o Estudio de Detalle e o Proxecto de Reparcelación da Área das Burgas para asentar aquí o primeiro centro termal da cidade. A proposta garante a súa viabilidade como explotación económico-empresarial, e o proxecto establece que o Concello será o propietario único dunha tamén única parcela. Para eso será preciso indeminizar aos propietarios con 800.000 euros, fronte aos 15 millóns que se solicitaban ao principio.
 
 
 
 
 
4 de OUTUBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

A concelleira de Urbanismo, Áurea Soto e o concelleiro de Termalismo Vázquez Barquero, veñen de presentar o Estudio de Detalle e o Proxecto de Reparcelación da Área das Burgas, no que o Concello de Ourense figura como titular único do sólo, indemnizando aos propietarios anteriores do mesmo e proxectando unha actuación que seña de excepcional singularidade sobre unha única parcela de resultado.

A Xunta de Goberno Local aprobou, na súa xuntanza deste mércores, o Estudo de Detalle da área de reparto As Burgas que declara o contorno Ben de Interese Cultural con categoría de sitio histórico, a Ordeación Provisional, aprobada pola Xunta de Galicia, o Plan Estratéxico de Termalismo de Ourense e en consonancia cos Proxectos estratéxicos da cidade de Ourense, como a Ronda Termal e o anteproxecto da mesma, seguindo as directrices das D.O.T. para Ourense e a declaración do Parlamento de Galicia de Ourense como Capital Termal de Galicia.

O Concello recolle no Estudio de Detalle da zona das Burgas a proposta dun proxecto único a que obrigaba o Plan especial, recoñecendo a singularidade desta intervención para o conxunto da cidade. A concelleira de Urbanismo, Áurea Soto, suliñou na súa presentación esta mañá, a intención prioritaria de "sentar as bases para o primeiro centro termal da cidade e que a intervención conte con aqueles mínimos que garantan a súa viabilidade como explotación económica empresarial en consonancia coas súas posibilidades hoteleiras, terapéuticas e lúdicas".
As singularidades da ubicación, a súa complexa topografía, e a súa incidencia nas condicións de acceso ao contorno obxeto de estudo, a densidade de tráfico e circulación e a xestión dos aparcadoiros e das instalacións, requiren dunha solución unitaria, sinala o Plan de actuación.
Asúmese a conservación das edificacións protexidas (cadea, baños de Outeiro e calzada dos Pelamios), a integración de espacios públicos, especialmente no cauce do río Barbaña, cun único proxecto constructivo que incorpore o uso comercial e de oficinas ao uso principal: hoteleiro, lúdico e balneario.

A antiga Casa de Baños, hoxe demolida e a antiga cadea, hoxe en fase de rehabilitación, son a peza clave para o uso balneario, proxectándose ambas en continuidade aos usos lúdico e comercial na rúa Canella do Rastro e a baixada do Outeiro, dotando á fachada do Barbaña unha unidade constructiva e formal.
Establece o Estudio de Detalle o parámetro dunha única parcela de resultado no que desenvolverase toda a actuación, e  fixa o Sistema de Cooperación, abranguindo unha superficie total de 12.199m2 de solo urbán non consolidado, cun aproveitamento lucrativo de 14.000 m2.

Tras unha primeira fase de planeamento coa conseguinte clasificación e calificación do solo, que recolle a ordeación provisional ante a anulación do PXOM de 2003, optouse polo sistema de Cooperación para a parcelación dos terreos. Este sistema defínese con dous caracteres fundamentais: por unha banda, a aportación do solo é de cesión obrigatoria por parte dos propietarios, por outra, a execución será levada a cabo pola Administración, neste caso o Concello, sendo as obras de urbanización a cargo dos propietarios e a reparcelación dos terreos convírtese nuha unidade de execución.

Aprobado inicialmente, o Estudo de Detalle pasa agora a someterse a periodo de información pública, no cal se poderán presentar alegacións. Unha vez finalizado o prazo e recibidos os informes de Patrimonio da Xunta de Galicia e Confederación Hidrográfica, procederase ao rexistro da nova propiedade baixo titularidade municipal e dará comezo a actuación para convetir a zona na peza clave da capital termal de Galicia. Así mesmo Aprobado inicialmente, o Proxecto de Equidistribución pasa agora a someterse a periodo de información pública, no cal se poderán presentar alegacións.

Proxecto de equidistribución: indemnizacións

Na mesma xuntanza, a Xunta de Goberno Local aprobou inicialmente o Proxecto de Reparcelación, que establece o seguinte:

Os propietarios iniciais dos terreo son 6, ademáis do Concello de Ourense: 2 maioritarios, (Xardíns das Burgas, Baños de Outeiro) e 4 propietarios minoritarios.
Todos serán indemnizados polo Concello nun total de 818.727,23 euros, a repartir do seguinte xeito: 386.000 Xardín das Burgas, 404.000 Baños de Outeiro e 28.000 euros entre os 4 propietarios minoritarios, fronte aos 15 millóns de euros solicitados inicialmente polas partes afectadas.

Con isto, o Concello pasa a ser o único titular do solo para poder acometer unha única actuación, reconvertindo a área de reparto AI-10, nunha única parcela de actuación.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 4, MARTES
 
CC.OO. pide el cese "fulminante" de Samuel Juárez y contabiliza 4 pilotos muertos en Ourense en los últimos 7 años
Sigue sin estar claro cómo murió el piloto de la avioneta contra incendios y si llegó a saltar
El fuego de Monterrei-Laza seguía vivo este lunes con un saldo provisional de 170 hectáreas ardidas
Los EREs de 2011 en Ourense ya suman 400 empleos perdidos, más que todos los del pasado año
A pública exposición en todos los concellos las listas de las Generales del 20-N