O Ribeiro só pode agradecer á Xunta que nas autonómicas non creara "falsas expectativas" como a Xero, dice o BNG
 
"Case nula". Así cualifica o BNG do Ribeiro a actividade da Xunta de Galicia nesta bisbarra, especialmente no que atinxe a promoción da industria e vivenda. No primeiro caso, os de Anxo Collarte chegan a decir que o único que O Ribeiro ten que lle agradecer ao Goberno Feijóo e que polo menos "nas autonómicas o PP non volva anunciar outro proxecto pantasma similar que crea falsas expectativas", como ocurríu nas municipais pasadas coa fábrica de coches da Xero en Melón.
 
 
 
 
18 de OCTUBRE de 2011: OURENSE DIXITAL

"O goberno do PP non exerceu as súas competencias de goberno ao frente da Xunta de Galiza nesta pasada lexislatura", sinala o Bloque Nacionalista Galego no Ribeiro.
Segundo os de Anxo Collarte en Ribadavia, a actividade das consellerías de Feijóo nos ámbitos da promoción da industria e a vivenda foi "case nula" na comarca do Ribeiro, "cando non claramente lesiva para actividades que estaban acadando un importante dinamismo na nosa comarca durante a anterior lexislatura autonómica, froito do labor desenvolvido polo BNG nas consellerías de Industria e Vivenda", sinala nun comunicado emitido pola formación nacionalista.

A este respecto, lembra o BNG que no ámbito da promoción industrial non se rexistrou dende 2009 a creación de novo solo industrial. "A terceira fase do parque empresarial de Ribadavia permanece no mesmo punto en que quedara unha vez que o PP accedeu de novo ao goberno da Xunta", sinálase, e a instalación dunha fábrica de vehículos eléctricos en Melón, anunciada publicamente por representantes do PP na Xunta e Deputación provincial, resultou ser "unha gran farsa orquestrada diante das eleccións municipais pasadas".
"O Ribeiro só pode agradecer que nas autonómicas o PP non volva anunciar outro proxecto pantasma similar que crea falsas expectativas nunha comarca moi necesitada de proxectos empresariais reais pero onde non se puido instalar ningunha nova empresa nestes anos do PP ao frente da Xunta", sinalan os de Anxo Collarte.

En canto á política de vivenda, a renovación de espazos urbanos e a promoción de vivenda de protección pública tamén se viron "dramaticamente" paralizados pola ausencia de xestión do PP dende o goberno da Xunta.
Segundo os nacionalistas, foron varios os concellos do Ribeiro que acolleran proxectos de construción de vivenda protexida cando o BNG xestionaba esta consellería: Avión, Carballeda e Cenlle, de xeito especial, segundo o BNG.
Especial pulo dícese que tivo a renovación de vivenda co impulso do PERI do casco histórico de Ribadavia e en xeral a renovación de rúas e espazos públicos nos concellos do Ribeiro. Pero neste ámbito, "o PP apenas rematou o iniciado en canto a vivenda protexida (no caso de Avión mesmo se renunciou ao proxecto), sen que se inicie ningunha nova actuación nun ámbito de marcado carácter social", conclúe o BNG.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Noticia 1  
  Noticia 2  
  Noticia 3  
  Noticia 4  
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   
   
   

 

Añade OuD a tu Google