Presentado este martes na Deputación de Ourense o número 25 do Anuario da Gaita
 
Foi presentada este martes unha nova edición do Anuario da Gaita, que chega este ano á súa edición número 26 e abrangue nos seus diferentes apartados temas relativos ás actividades divulgativas, investigacións e estudos sobre este instrumento. Ademais de colaboracións de expertos e traballos de ámbito histórico e etnográfico.
 
 
 
 
 
26 de SETEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e o director da Escola Provincial de Gaitas e da Real Banda de Gaitas, Xosé Lois Foxo, presentaron este martes unha nova edición do Anuario da Gaita, publicación editada pola institución provincial e que constitúe unha referencia no eido da investigación e na difusión deste instrumento musical tradicional. O Anuario da Gaita chega este ano á súa edición número 26 e abrangue nos seus diferentes apartados temas relativos ás actividades divulgativas, investigacións e estudos sobre este instrumento, ademais de colaboracións de expertos e traballos de ámbito histórico e etnográfico.

Rosendo Fernández dixo que o Anuario da Gaita "recolle cada ano parte da tradición de Ourense e Galicia vencellada a un instrumento galego como é a gaita, traballo que non sería posible sen a dedicación e esforzo de Xosé Lois Foxo e o seu equipo". Rosendo Fernández engadiu que Ourense mantivo dende vellos tempos "unha importante tradición musical, levando a dianteira en moitos sensos en relación ao desenvolvemento da cultura galega, algo polo que é considerada a Atenas de Galicia, e que se corrobora co traballo de difusión e investigación que dende a Deputación de Ourense e a Escola de Gaitas se fai por este instrumento".

Xosé Lois Foxo explicou que no eido da gaita, o achegamento a este instrumento de forma científica non ten parangón, "e boa mostra diso son o museo, único no mundo, co que conta a Escola de Gaitas; esta publicación, na que destaca a súa tarefa investigadora, e, no aspecto académico, a Escola de Gaitas, que conseguiu deixar atrás a tradición do gaiteiro como músico ágrafo para convertelo nun estudoso do instrumento".

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 26, LUNES
 
Laura Seara y Miguel Fidalgo encabezan al Congreso y al Senado por el PSOE en Ourense para el 20-N
Miles de personas bajo un sol de justicia en la tradicional Batalla de Moros y Cristianos de A Sainza
Los inmobialiarios ourensanos advierten de que es buen momento para invertir en vivienda en Ourense
Miranda recuerda al BNG que la situación económica del Concello de Allariz sigue siendo mala
Josep Puxeu dará por iniciados este lunes los trabajos del nuevo abastecimiento de agua a la ciudad