O Concello reforzou a seguridade vial nos accesos aos centros de ensinanza da capital ourensá
 
Co novo curso a piques de comezar, o Concello de Ourense procedeu a reforzar a seguridade viaria nos accesos a varios escolares da capital ourensá. Tráfico renovou a sinalización horizontal e vertical nos accesos ás 35 escolas de Educación Primaria e Secundaria. O Concello sinala que a medida busca aumentar a seguridade dos escolares, e favorecer a cohesión de peóns e tráfico rodado.
 
 
 
 
6 de SETEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Tráfico, vén de levar a cabo unha acción en 35 centros de ensino da cidade, co obxectivo de reforzar e implementar a seguridade dos escolares nos seus desprazamentos diarios, revisouse a sinalización vertical dos arredores dos colexios, incluídos os sinais reflectarios amarelos das zonas escolares.

En canto á sinalización horizontal foron repintados 25 pasos de peóns, complementado con 50 novos metros de liñas de preaviso de bandas sonoras instaladas nas inmediacións aos colexios e repintando liñas amarelas nos accesos.
A renovación dos sinais indicativos de parada de autobús escolar en 10 puntos e implementación da sinalización con 8 novos símbolos de redución de velocidade a 30 quilómetros por hora, completan a acción da sinalización horizontal.

Por outra banda, a medida contempla melloras na sinalización vertical, con 7 novos sinais S-13 (indicativos de pasos de peóns) fluorescentes, colocados naqueles centros nos que se aprecia unha maior afluencia de vehículos. Que son os CEIP Curros Enríquez, Padre Feijóo, Divino Maestro, Irmás Villar e O Couto. Así como dous sinais nos accesos a Maristas.

Sinala o Concello de Ourense que esta medida responde ó obxectivo do Concello de Ourense de mellorar a seguridade nos desprazamentos tanto a pé como en vehículos ós centros escolares. A campaña está estreitamente relacionada co proxecto da Concellería de Educación Camiño Escolar.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 6, MARTES
 
Publicado en el DOG el Decreto de Xestión Integrada de las tres áreas sanitarias de la provincia de Ourense
La cadena de mando se estructura en dos líneas de cuatro bajo la Xerencia única de Eloína Núñez Masid
El alcalde de Ourense pide por carta al presidente de la Xunta “audiencia urxente” de Núñez Feijóo
Martínez recibió este lunes al alcalde que más hizo sufrir al PP con una moción de censura
El Gobierno de Barbadás introduce exenciones y rebajas en las tasas municipales de los escolares