O Pura e Dora de narración infantil e xuvenil na recta final de presentación de traballos a concurso
 
Queda unha semana de prazo para presentar traballos ao X Premio Pura e Dora de narración infantil e xuvenil. Estase a falar do que atinxe a narración, xa que a partires de que en outubro se coñeza o ganador deste premio, convocarase o de ilustración. O prazo de presentación de traballos remata o martes, 11 deste mes de setembro.
 
 
 
 
 
4 de SETEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

A Deputación de Ourense lembra o vindeiro 11 de setembro remata o prazo de presentación de traballos para o X Premio Pura e Dora de narración infantil e xuvenil, organizado pola esta Deputación e dotado con 1.500 euros. Polo tanto, sigue aberto o prazo de presentación de traballos.

Poden presentarse o premio os autores de calquera nacionalidade que presenten o seu orixinal en galego. O texto deberá ser inédito e orixinal. Presentaranse seis copias, en papel tamaño folio ou en holandesa, mecanografados a dobre espazo e por unha soa cara, no Rexistro Xeral da Deputación de Ourense da rúa Progreso, 21, desta cidade.
Os traballos presentaranse sempre baixo lema, adxuntando en sobre pechado o nome completo, enderezo, teléfono do autor e o título do libro, e indicando no sobre Para o X Premio Pura e Dora Vázquez.

O premio fallarase no mes de outubro de 2012, e a continuación convocarase o X Premio Pura e Dora Vázquez de ilustración infantil e xuvenil, xa que os traballos presentados nesta modalidade deberán tomar como base o texto premiado no apartado de narración.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA